Posts

Visor de mapas de afectación da ampliación da autovía A52

Dende o noso grupo de Asesoras Ambientais a plataformas de defensa da terra, estiveron traballando na elaboración duns mapas de afectación da ampliación da autovía A52 que vén dende Ourense a Vigo.

Desdrobarían a A55 (que sube dende a fronteiras con Portugal, en paralelo á A9), pero ter dous vías con mesma saída e chegada vai producir embotellamento en Vigo, saturar o tráfico interno, e máis co efecto chamada que teñen, atravesando ademais as zonas de Bembrive e Beade, con moita afectación.

Aquí se poden descargar dous documentos:

A continuación pódese acceder ao

VISOR CARTOGRÁFICO

A alternativa podería ser liberar a AP9, tramo Porriño, pois é a entrada suroeste da cidade, que está infrautilizada ao ser de pago e ter alternativas de balde, e conectaría a parte industrial da cidade con outro polo industrial, as Gándaras e con Portugal.

Plataformas locais (como Bembrive en Pé ou AutoviaA52Non) que se opoñen a esta infraestrutura, levan tempo divulgando os problemas e as alternativas, e esperamos que lles sexa de utilidade esta ferramenta visual para que as persoas sexan conscientes de onde e como lles pode afectar.

Non lonxe de alí está a plataforma contra a A57, que vén a ser un desdobramento tamén da A9, pero a partir do norte da ría de Vigo cara Pontevedra (e que en realidade é unha infraestrutura manifestamente redundante).

Con este grupo queremos tratar de que a enxeñería se poña ao servizo dos grupos máis vulnerabilizados e invisibilizados do noso entorno.