Posts

Novos estatutos de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Despois de que en 2010 aprobaramos a última versión dos Estatutos da asociación que tiñamos vixente, xa en 2022 empezouse un traballo de actualización dalgún dos artigos, que rematou na aprobación a finais de 2023 na Asemblea Xeral dos novos estatutos. Estes días chegaron aprobados polo Ministerio do Interior, así que xa temos oficialmente novos estatutos!

Aquí podedes velos. Nas dúas primeiras páxinas dese documento pódese ver o resumo dos cambios realizados con respecto aos estatutos do 2010.

Os cambios máis importantes teñen que ver coa revisión da linguaxe inclusiva, así como coa parte de fins da asociación, onde se incluiron elementos relacionados coa tecnoloxía para o ben común, a transformación social e os dereitos humanos que non estaban recollidos na versión anterior (como a inclusión social, o medio ambiente, o traballo coa xuventude ou a loita contra a fenda de xénero).