Primeiras contratacións do persoal formado no programa de técnicas en administración de sistemas de auga

Medio ano despois de rematado este proxecto, financiado pola Xunta de Galicia e cun aporte das compas de Ingeniería Sin Fronteras Aragón a través dunha campaña de “merchandaising hídrico”, seguimos vendo resultados que esperamos poder seguir impulsando se acadamos financiación para seguintes fases do noso programa de Defensa do Dereito á Auga en Honduras (niso estamos!). Mentres se conclúe a etapa de entrega de certificados ao persoal técnico capacitado co Programa de Persoal Técnico Certificado en Administración, Operación y Mantenimiento de Sistemas de Agua y Saneamiento da Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento (AHJASA), ao que se contribuiu co proxecto, xa se comeza a promocion para a contratación do mesmo en grupos de aproximadamente 6 comunidades (aldeas) por persoa técnica formada. Este persoal técnico vai facilitar todo un proceso de desenvolvemento en xestión dos sitemas de abastecemento e saneamento en cada comunidade que participe na contratación da asistencia ofrecida. Do que se trataría é de que as propias comunidades poidan xuntarse varias para pagar o salario dunha persoa que se ocupe do sistema. No folleto da imaxe pódese ver máis información.

Confírmannos dende AHJASA a contratación das primeiras dúas persoas técnicas segundo o seu plan proposto ás comunidades, despois de que se formaran co programa mencionado, un en Olancho e outro en Francisco Morazán (neste caso, dentro dos programas de AHJASA con outras financiacións). Outras dúas asambleas comunitarias que se realizaron, aprobaron xa asinar os respectivos contratos para recibir a asistencia deste perssoal técnico certificado. Ademais, na recente reunión da Junta Directiva de AHJASA de Amapala (no sur de Honduras, onde si apoiamos directamente o programa), como contan só cun técnico, falouse de que probablemente van ter que buscar outra persoa técnica das formadas polo programa.

Reunión en Sabana Grande (departamento Francisco Morazán)

Reunión en Amapala (departamento de Valle)

Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2020

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    O 8 de Setembro foi o día da persoa cooperante, a nosa Raquel, representante en Honduras de Enxeñería Sen Fronteiras, deu voz ás cooperantes galegas polo mundo na Radio Galega Galicia por diante e tamén na TVG. Orgullosas de todas a nosas expatriadas!     Durante este mes seguimos coas reunións, cada 15 días, do Grupo de Apoio Mútuo Dixital, así como os ciberfaladoiros (podes ver os resumos dos que fixemos sobre o Futuro da Cooperación e sobre o problema de As Pontes. O 26 de outubro participamos na Flisol2020 (evento de difusión de Software Libre), gravada en A Coruña e retransmitida en liña, onde falamos sobre “Soberanía dixital para a defensa dunna cidadanía global: o caso de Enxeñería Sen Fronteiras” (se non puideches estar, aquí a podes ver, e aquí descargar todos os relatorios co son mellorado). Xa podes coñecer o que fixemos na asociación en 2019 coa nosa memoria. Pero aquí podes atopar 6 infografías resumo das diferentes actividades e proxectos, para que se vexa máis bonitiño. O 27 Septembro fixemos o primeiro roteiro ESFeiro da tempada, desta volta no Río Maneses. Foi todo un éxito e xa estamos agardando o seguinte!


HONDURAS

    Neste mes se estiveron realizando reunións para concretar o traballo do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña na Fase 2 do proxecto de xénero que empezou este ano (apoiarán entre outras actividades en impulsar unha experiencia piloto de orzamentos etiquetados de xénero en concellos da Mancomunidade NASMAR). Continúa tamén o traballo para ir pechando as actividades do proxecto de apoio a grupos de mulleres marisqueiras que rematará en decembro, e tívose unha reunión con CETMAR para pechar este traballo. Os dous proxectos son financiados pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

    O 2 Outubro pechouse o prazo para presentar candidaturas ao posto de representante país Honduras para traballar connosco (substitución temporal).


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info consulta o noso CALENDARIO DE ACTIVIDADES, así como a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais FacebookinstagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

Se as máquinas producen todo o que necesitamos, o resultado dependerá de como as cousas son distribuidas. Todas as persoas poden disfrutar dunha vida de luxos se o que producen as máquinas é partillado, ou máis persoas poden rematar miserablemente pobres s os donos das máquinas fan lobby en contra da redistribución. Até agora, a tendencia parece inclinarse pola segunda opción, coa tecnoloxía volvéndose cada vez máis inequitativa. O tan temido Apocalipse non virá da man dos robots, como tantas películas de ciencia ficción nos quixeron facer crer, senón que será xenerado por capitalismo do propio ser humano.
Stephen Hawking

Resumo do ciberfaladoiro “Modelos de transición enerxética: o caso de As Pontes”

O agotamento das materias primas como o carbón e o petróleo, impón á humanidade un dos seus grandes retos no futuro próximo.

A transición enerxética é un proceso que nos vai acadar, mais cedo que tarde, a todas as persoas. A nivel particular cadrou que persoas que conforman a base social de Enxeñería sen Fronteiras están vivindo esa transición no pobo dás Pontes. Esa foi a semente deste ciberfaladoiro.

Como documento previo, propuxose o vídeo-documental “Ciclo combinado”. Fálase sobre a existencia de outros documentos audiovisuais. Sobre a transformación da mina na lagoa existe Azul y verde sobre Negro. Tamén El carbón, fuente de energía de As Pontes. Historia del complejo minero-eléctrico de As Pontes 1972 – 2012, o cal non fumos capaces de atopar nas redes.

Partellamos as seguintes conclusións.

– Falamos sobre o ciclo vital das industrias, e que cando rematan hai que prever alternativas. Falouse de que o plan dás Pontes tiñase que ter posto en marcha fai 20 anos, cando se anuncia o peche da mina.

– Sobre a importancia da transparencia e a participación cidadá para levar a cabo procesos de desenvolvemento da vila. Púxose de manifesto carencias nese sentido.

– Falase sobre as estructuras credas na vila, fitos patrimoniais que ainda de titularidade privada, son ben de interese público e social. A importancia da súa posta en valor, e da súa significancia como ben común. Polo tanto, sobre o futuro dos cales deben tomar partido todas as persoas do pobo. No caso dás Pontes, cítanse:

  • A chimenea da central térmica (Endesa Termic), cunha altura de 356 metros supón unha estructura única no mundo, a terceira mais alta de Europa e aparecendo no Libro Guinness dos Records como a estructura de maior volume do mundo.
  • O parque de carbóns. Unha cuberta metálica, menos coñecida por estar á sombra da chimenea pero singular. Para facerse unha idea das súas dimensións, dentro dela colllerían tres estadios de Riazor completos.

– Faise unha análise sobre as loitas levadas a cabo no último ano. E sobre a estratexia de darlle ó pobo “esperanzas” que o final acaban diluindo o movemento e a forza inicial, creando frustración, dinámicas e sentimentos de impotencia que acaban favorecendo os grupos de poder e de interés.

– Fálase sobre o feito de que as decisións de Endesa-Enel se tomen nun Consello de  Administración en Italia sen ningún coñecemento da realidade dos pobos sobre os cales se toman decisións.

– Comentase sobre a opacidade na toma de decisións, a todos os niveis, e a necesidade de crear espazos de participación.

Para rematar, acordamos seguir intercambiando información e opinións. Ademáis, proponse facer un roteiro na vila dás Pontes, para que a base social coñeza de primeira mán a realidade dese pobo.

Traballa connosco! Praza persoa expatriada Honduras

ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA (ESF GALICIA) convoca a selección dunha persoa para facer unha sustitución por baixa de maternidade e período de transferencia da representante país en Honduras, que faga o seguimento dos seus programas de Dereito á Auga e Soberanía Alimentaria en Honduras.

CONTEXTO DA OFERTA DE EMPREGO

ESF Galicia é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado, que busca construir unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano.

ESF Galicia require incorporar unha persoa que poida facer a sustitución por baixa de maternidade como representante no país, con experiencia en cooperación internacional para o desenvolvemento, para dar asistencia en terreo aos proxectos que está a executar en Honduras e facer de enlace coas organizacións socias locais e outros axentes de desenvolvemento na zona.

ESF Galicia traballa en Honduras desde o ano 2007 con actividades de identificación e desde mediados de 2008 estableceuse no sur do país (Golfo de Fonseca) executando a parte hondureña do Programa de “Reducción da vulnerabilidade en áreas empobrecidas, a través do acceso á agua potable, o saneamento e a xestión sostible de recursos hídricos e do territorio con enfoque de cunca hidrográfica en Honduras, Nicaragua e O Salvador”. Este programa, con diversas fases, prolongouse até o 2013, traballando nos municipios de San Francisco de Coray e de Marcovia. Posteriormente, en 2014, comenzouse o programa que se está a executar na actualidade, escalando as actividades do programa anterior a toda a Mancomunidade de Municipios de NASMAR (á que Marcovia pertence), traballando co persoal técnico da propia Mancomunidade e tamén coa Asociación Hondureña de Juntas de Agua y Saneamiento. Os elementos máis importantes do programa son:

  • Xerar instrumentos de planificación dos recursos hídricos na rexión do Golfo de Fonseca, a través de procesos participativos coas comunidades e administracións locais co fin de establecer prioridades de actuación na xestión hídrica e territorial, así como as inversións a realizar polas administracións locais e os actores de cooperación internacional presentes no país.
  • Promover procesos participativos de desenvolvemento comunitario en materia de auga e saneamento que garantan a viabilidade e sustentabilidade dos proxectos, fomentando a inclusión da poboación, con especial énfase nas mulleres, nos espazos de decisión, e posibilitando que sexa os titulares de dereitos os protagonistas do seu propio desenvolvemento.
  • Realizar obras de abastecemento, saneamento e boas prácticas para a conservación dos recursos hídricos en base a ferramentas de planificación locais e ás xeradas polo propio plan, cun enfoque de innovación e de tecnoloxías apropiadas.
  • Realizar procesos de capacitación, sensibilización e incidencia de boas prácticas para a xestión dos recursos hídricos e o Dereito Humano á Auga.

Por outra banda, no ano 2010 ESF Galicia comezou a traballar no segundo gran programa que está activo na actualidade no país: o de soberanía alimentaria e defensa do territorio no sur Honduras. A organización socia hondureña de referencia neste programa é o Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF), pero participan tamén outros axentes hondureños e españois (universidades como a de A Coruña ou a Universidade Nacional Autónoma de Honduras, centros de investigación como a Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, e outras ONGD como Amigos de la Tierra España ou VSF Justicia Alimentaria Global). No programa se traballa en varios niveis, tanto directamente con familias labregas ou pescadoras, como con grupos organizados (cooperativas, grupos de mulleres, caixas rurais…) e tamén en mesas de coordinación a nivel cunca hidrográfica, municipal, rexional ou estatal (mesas de Seguridade Alimentaria, comités de cunca hidrográfica, etc.). O programa contempla unha serie de actuacións coas que se pretende fortalecer e diversificar sistemas de producción familiar para que sexan sustentables, implementar medidas para a conservación dos recursos naturais, fortalecer as capacidades de incidencia dos actores locais na reducción de riscos do territorio (que afecta especialmente a esta zona, sobre todo as secas) e a xestión dos recursos naturais con enfoque de cunca hidrográfica, e sensibilizar e capacitar á poboación sobre a conservación e acceso equitativo e sustentable aos recursos naturais con enfoque de xénero.

Nos últimos tempos intensificamos as accións neste programa no que ten que ver co xénero, con apoio a grupos mulleres marisqueiras e as Oficinas Municipales de la Mujer dos 7 concellos da Mancomunidade NASMAR. Neste caso traballamos con CODDEFFAGOLF e coa Mancomunidade NASMAR.

FUNCIÓNS PRINCIPAIS

  • Realiza-lo seguimento técnico e económico en terreo das actuacións que ESF Galicia leve a cabo na zona. Elaboración de informes das actuacións realizadas, peche de xustificacións parciais e finais de proxectos en marcha. Este vai ser o punto con máis carga de traballo.
  • Coordinar o traballo do persoal de apoio administrativo de ESF en Honduras (unha ou dúas persoas, dependendo da época).
  • Ser responsable da sede de ESF Galicia en San Lorenzo, Honduras, coordinándose co persoal administrativo en terreo.
  • Coordinación cos socios locais e outros axentes para a identificación e formulación de novos proxectos.
  • Manter un fluxo axeitado de información con ESF Galicia e coordinarse no traballo coas persoas voluntarias dos grupos responsabeis en Galicia dos proxectos en execución e coas persoas contratadas en sede que dan apoio aos grupos.

FUNCIÓNS SECUNDARIAS (cun carácter máis anecdótico)

  • Colaborar estreitamente coa Coordinadora de ONGD españolas en Honduras.
  • Exercer de representante de ESF Galicia en Honduras coa poboación beneficiaria, autoridades locais, nacionais e internacionais, financiadores e demais axentes de desenvolvemento presentes nas zonas de intervención.
  • Traballar en coordinación cos socios locais e outras organizacións locais que estean implicadas nos proxectos. Elaboración de plans de traballo e supervisión.
  • Realización de capacitacións a comunidades e técnicos locais sobre a xestión dos recursos hídricos, recursos naturais e outros temas que se consideren de interese.
  • Apoiar e promover outras actividades que se realicen en Honduras e en España. Fará o seguimento e apoio das personas voluntarias ou en prácticas de ESF Galicia que se desplacen á zona e participará tamén en actividades de sensibilización e incidencia, informando sobre a situación do país e os proxectos a través das canles de ESF e outras que puideran existir.

PERFIL

Requisitos

Formación/coñecementos requeridos

  • Formación/coñecementos en polo menos unha destas áreas en temas relacionados coa xestión dos recursos naturais, xestión de recursos hídricos, ordenamento territorial e/ou desenvolvemento rural, xénero e desenvolvemento (a valorar especialidades na titulación, proxectos fin de carreira, traballos de investigación, materias, cursos, etc.).
  • Formación/coñecementos en cooperación internacional e proxectos para o desenvolvemento.
  • Coñecemento de ofimática con ferramentas de software libre a nivel de usuario.

Experiencia previa

  • Experiencia en terreo en cooperación ao desenvolvemento facendo xestión, administración e seguemento de proxectos de polo menos un dos seguintes ámbitos: fortalecemento institucional e de capacidades locais; transferencia tecnolóxica; ordenamento territorial; desenvolvemento rural ou abastecemento de auga potable e saneamento; xénero e desenvolvemento.
  • Experiencia en coordinación e traballo en equipo.

Habilidades persoais requeridas

  • Flexibilidade e capacidade de adaptación ao cambio e a contextos culturais diversos.
  • Capacidade de planificación e organización.
  • Capacidade de comunicación, escoita e negociación.
  • Iniciativa e autonomía.
  • Manexo de situacións de estrés en contextos de certa inseguridade.

Outros

  • Permiso de conducir B e dispoñibilidade para conducir en Honduras.
  • Castelán fluido e galego medio a nivel comprensión oral e lectora.
  • Dispoñibilidade para realizar entrevista en liña se se supera o proceso de selección previo (entre o 7 e o 9 de outubro).
  • Dispoñibilidade para incorporarse ao traballo en liña e viaxe a Honduras cando a situación sanitaria o permita e se completen os traballos en sede.

Valorarase:

  • Experiencia en voluntariado, especialmente en ESF Galicia u outras organizacións que actúen en líneas de traballo similares.
  • Experiencia de traballo en terreo en América Central ou Sudamérica, sobre todo específicamente no Golfo de Fonseca hondureño.
  • Formación específica en Educación para o Desenvolvemento, Dereitos Humanos, enfoque de equidade de xénero e novas masculinidades, dereito humano á auga, soberanía alimentaria, agroecoloxía e/ou multiculturalidade e interculturalidade.
  • Coñecemento da forma de traballo de ESF Galicia e identificación cos seus valores.
  • Formación e experiencia de traballo sobre software libre e ferramentas de comunicación 2.0
  • Idioma Galego avanzado na escrita e na fala.

CONDICIÓNS LABORAIS

  • O posto de traballo é a tempo completo. Se realizará un período de formación en Galicia con traballo en sede, que inicialmente poderá ser en liña. Posteriormente, o traballo desenvolverase na oficina de ESF Galicia en San Lorenzo, Honduras, con desplazamentos frecuentes á área rural dos municipios de El Triunfo, Marcovia, Nacaome, Amapala e San Lorenzo, así como ás cidades de Tegucigalpa e Choluteca.
  • O traballo será supervisado pola Xunta Directiva e coordinándose coas persoas técnicas de sede e, no período de formación, coa persoa da que se fai a substitución.
  • Data de incorporación: 19 de outubro de 2020.
  • Duración: 6 meses (incluindo 2 de proba) ampliables en función das circunstancias
  • Soldo según convenio, actualmente 2.093,03 euros brutos (con pagas extra prorrateadas), inclúe seguro médico en terreo e un viaxe internacional ao ano.

CONTACTO

As persoas interesadas poden enviar por correo-e unha carta de motivación e o seu curriculum vitae, ambos en formato pdf (non se terán en conta as candidaturas que non envíen esta documentación) a: info[arroba]galicia.isf.es

Indicar no asunto a referencia da plaza á que se opta*: SUBSTITUCIÓN REPRESENTANTE PAÍS HONDURAS.*

IMPORTANTE: todos os requisitos deben quedar referidos na carta de motivación ou no CV, se non é así automaticamente quedará excluída a candidatura.

Tras o proceso de selección se contactará vía correo-e para avisar sobre a selección ou non para a fase de entrevistas persoais.

Para máis información contactar con info[arroba]galicia.isf.es ou tfno. 881 01 1479


DATA LÍMITE PARA ENVIAR O CV: 2 de outubro de 2020 ás 23:59

Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2020

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   En agosto tivemos un pequeno respiro nas actividades asociativas. Aínda así, tivemos tempo para atoparnos un par de xoves no Grupo de Apoio Mútuo Dixital. Por outra banda, adherímonos ao  comunicado sobre a morte de Eleazar Blandón, o traballador nicaraguano, e lembrámonos, como cada ano, da masacre de Hiroshima e as súas implicacións.


HONDURAS

  En Honduras, a pesar da complicadísima situación, continúa o traballo no noso programa de soberanía alimentaria, máis necesario que nunca, financiado pola Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación. Fíxose entrega de sementes para familias, de xeito que poidan sementalas e recoller na última colleita (postrera), antes de que en novembro empece a época seca. Por outra banda, continuou a escola de monitoreo de dereitos humanos co módulo de “Documentación de Casos de Violaciones de Derechos Humanos“. Estamos traballando nunha proposta para impulsar o programa de dereito á auga, tan importante nestes tempos, que presentaremos a financiación da Agencia Española de Cooperación a principios de setembro. Non se deixou de estar en contacto coa cooperación española en Honduras, con un encontro en liña durante o mes e o seguemento do programa que estamos a realizar financiado por AECID dentro do noso programa de soberanía alimentaria (en colaboración con Amigos de la Tierra e VSF Justicia Alimentaria Global).

    Queremos enviar moitas apertas e folgos nestes tempos tan complicados ás organizacións coas que traballamos en Honduras: CODDEFFAGOLF, Mancomunidade NASMAR e AHJASA. Son un exemplo de valentía e de traballo por mellorar a vida das persoas da súa rexión.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebookinstagram, Twitter e na nosa canle de telegram difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.

A ESF-RASE DO MES

“O problema do home non está na bomba atómica, senon no seu corazón”. Albert Einstein

Ciberfaladoiro. O futuro da cooperación (I).

Onte no ciberfaladoiro falamos sobre o futuro da cooperación ao desenvolvemento. Tivemos como referencia o mini-documental ¿Puede una mujer PERUANA ser más RENTABLE que la BOLSA?: El caso de Microwd, onde saen varios puntos que nos pareceron interesantes para xenerar debate.

Algúns dos temas e ideas forza que saíron foron:

  • Falamos de distintos enfoques da cooperación existente: cooperación entre sociedade civil (algunhas máis “colonizadoras” e outras máis de traballo conxunto e de pontes entre sociedades civiles, non só entre países da OCDE e países receptores de axudas), cooperación con gobernos (reforzo orzamentario, axudas condicionadas, préstamos…), etc. As reflexións foron variadas, sobre sistemas de microcréditos (e o papel das mulleres, como na iniciativa do video, e como nalgunha das que impulsamos dende a propia ESF en Honduras con grupos de mulleres), sobre se era mellor entregar fondos a cada persoa/familia de xeito incondicional, ou os programas condicionados, ou combinar, ou se o mellor era deixar a cada país co seu modelo, sen intervir, pero tamén sen “ponerle la pierna encima” (o cal no contexto de neocolonialismo e loitas polo control dos recursos é algo imposible, aínda que posiblemente si sería unha boa utopía na que os pobos foran protagonistas do seu desenvolvemento, sen inxerencias nin necesidade logo de “parches” a través dunha cooperación ao desenvolvemento interesada) .
  • Falouse de que a corrupción e a violencia son posiblemente as dúas lacras maiores para o traballo da cooperación. Neste sentido comentouse que o fortalecemento das comunidades e organizacións da sociedade civil pode ser un punto clave, que poden impulsar sobre todo os movementos sociais e ONGD en todos os países. Pensamos que ese fortalecemento e apoio mútuo pode servir de dique contra corrupción, violencia, violación de DDHH, insolidariedade entre países e ecofascismo. Falouse de exemplos concretos como o tema da corrupción e maras en Honduras, con respecto a Nicaragua, onde as maras tiveron moita menos implantación (en gran parte pola maior cohesión dos barrios e comunidades, herdada posiblemente dunha maior cultura da participación e educación popular).
  • A importancia da comunicación no desempeño de iniciativas de transformación social, tamén nas que teñen que ver coa cooperación e na creación dun mundo cun enfoque de solidariedade global e respecto aos dereitos humanos en todo o mundo. Falamos de que se bota de menos máis narrativas simples e impactantes para potenciar a necesidade deste enfoque solidario, fronte ás mensaxes simplistas do outro lado (clasismo, racismo, os de aquí e os de aló, etc.). Tamén se comentaba que é importante a diversidade de métodos de comunicación e de xeneración de mensaxe, e que as organizacións delimiten ben cal tería que ser a súa “lonxitude de onda” (público e xeitos de comunicar), e que non todos se deberían adicar a todo.

Apoiamos o comunicado sobre a morte de Eleazar Blandón. Non deixar a ninguén atrás!!

Dende Enxeñería Sen Fronteiras Galicia adherímonos a este comunicado da Asociación Nicaragua Libre pola morte de Eleazar Blandón, un símbolo da escravitude que aínda continua no século XXI. Dase a circunstancia de que Eleazar era de Jinotega, Nicaragua, onde traballamos durante 4 anos (2007 a 2010), o cal nos axuda a poñer ás persoas no contexto do seu lugar de orixe, empatizando aínda máis se cabe con tantísimos casos de persoas que, coma el, esfórzanse día a día por buscar unha vida mellor para os seus, e caen víctimas do egoísmo e da barbarie que manteñen “tan desenvolvidos” aos “países desenvolvidos”.

Boletín Oficial ESFeiro: agosto 2020


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   En xullo, coa chegada do verán e a “nova normalidade”, relaxamos un pouco (só un pouco) a actividade en Galicia. Foi un xeito de coller folgos e prepararnos para o vindeiro curso. O día 4 tivemos Asemblea Xeral telemática para aprobar as contas da asociación. Adicamos tempo a facer unha análise dos programas dos partidos políticos para as eleccións galegas do 12 de xullo. Continuamos coas reunións dos xoves ás 22:30 do Grupo de Apoio Mútuo Dixital, onde hai un grupiño estable de persoas á espera de poder darlle o impulso definitivo con algunha quedada presencial, e tamén tivemos tempo para un par de ciberfaladoiros, un o 14 de xullo sobre Mundo Rural-Mundo Urbano e outro o 28 de xullo sobre Renda Básica Universal nun mundo automatizado en cuarentena. Antes, o 9 de xullo, tivemos un interesantísimo encontro de ESFeiras polo mundo, onde poidemos coñecer de primeira man, a través dos testemuños de esfeiras, como se estivo a vivir a crise da COVID19 en lugares como Brasil, República Dominicana, El Salvador, Honduras, Inglaterra ou Ecuador e reflexionamos sobre o futuro da cooperación ao desenvolvemento, a modo de continuación do último programa de ESFRAdio. Tivemos tempo, ademais, de deseñar dous apasionantes proxectos para presentar ás axudas da Xunta de Galicia de educación Xpara o desenvolvemento. Un de traballo en educación para o desenvolvemento nas universidades técnicas en colaboración coa rede Artigo9TEch (da que formamos parte), e outro para tratar de dar continuidade ao iniciado o ano pasado de pontes entre movementos galegos e hondureños de defensa do territorio e dos servizos básicos (máis importante que nunca neste contexto tan complicado no que estamos, onde non hai que deixar de visibilizar a interdependencia e a xustiza global para facer desta Terra que compartimos un lugar mellor).


HONDURAS

  Tivemos ocasión de coñecer de primeira man a situación no país, falando con Raquel (a nosa representante país) e Elmer (que da apoio a Raquel en Honduras). Raquel está de volta en España, pola situación de crecente complicación da crise da COVID19 no país. Estase en proceso de repensar as prioridades dos proxectos en marcha, que son todos do programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio: a segunda anualidade do proxecto de apoio a grupos de marisqueo e pesca co asesoramento de CETMAR, financiado pola Xunta, sufrirá cambios (tanto pola situación da COVID19 como por problemas no estado das auga do Golfo); o que comenza este ano en colaboración co CEXEF, tamén financiado pola Xunta, de apoio a productoras e continuando o fortalecemento das Oficinas Municipales de la Mujer dos municipios da Mancomunidade NASMAR, precisará algún reaxuste. Entretanto, continuou o programa que se impulsa co apoio da AECID en colaboración (ao igual que o resto, en colaboración con CODDEFFAGOLF). Durante o mes de agosto estaremos preparando un novo proxecto para acadar financiación da AECID, este dentro do programa de Dereito Humano á Auga.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …


A ESF-RASE DO MES

Aínda que de poder prácticamente ilimitado, as nosas tecnoloxías son ferramentas sen mangos. Langdom Winner

Ciberfaladoiro: Renda Básica Universal nun mundo automatizado en cuarentena

Onte no ciberfaladoiro estivemos falando sobre Renda Básica Universal. Aquí un breve vídeo para enterarnos de que vai isto.

Xurdiu a cuestión de que o debate da Renda Básica Universal xa case non é de si debe implementarse ou non, xa que co tempo tarde ou temprano vai facer falta algo semellante. Tanto a esquerda coma a dereita económica van coincidindo nisto, xa que cada vez somos máis eficientes economicamente como especie (e a automatización ten e aínda terá máis moita culpa disto) e a este ritmo moita xente (individuos) queda sen traballo asalariado, fora do sistema e finalmente na pobreza. Ao mellor hoxe en día, no noso entorno, isto non era todavía o máis común, pero eventualmente si o será e de feito coa crise da COVID19 estase vendo a cousa complicada (de feito se visibilizou máis que nunca a RBU e se chegou a falar de Renda Básica de Cuarentena como preludio dunha RBU). E claro, moralmente se temos producción de sobra e non todo o mundo pode traballar de xeito asalariado, non podemos deixar simplemente que haxa persoas que o pasen mal sen que teñan outra opción. Por outra banda, as persoas teñen a manía de seguir nacendo, e parece que a defensa do “traballo universal asalariado” cada vez ten menos sustento, porque mesmo traballando con salario hai persoas pobres.

Faláronse dalgunhas vantaxes claras da RBU:

  • Tranquilidade mental que da un colchón de liquidez, aínda que sexa mínima, para afrontar problemas, plantexarse proxectos persoais ou simplemente poder rexeitar traballos indignos.
  • Valorización de traballos non retribuidos (empezando polos coidados).
  • Simplificación brutal da “burocracia da pobreza”, xa que se eliminarían todas as axudas a persoas en situación de vulnerabilidade (e os trámites engorrosos e violentos para “demostrar a pobreza”), pensións non contributivas, etc.

Tamén se comentaron elementos que soen ser criticados nos debates sobre RBU, sobre todo tres:

  • Como se pagaría? Aquí referímonos aos estudos ben sistemáticos xa feitos, que implica non demasiado a nivel reforma fiscal.
  • Que pasaría con quen non quixera facer absolutamente nada e vivir cos 500-700 euros que podería ter ao mes para toda a súa vida? Chegamos a estar dacordo en que as persoas queren facer cousas, transformar e crear, é algo intrínseco ao ser humano. E se alguén se conforma con vivir coa RBU sen facer absolutamente nada, renunciando a moitas cousas porque tampouco é que sexa un pastizal, pois ok!
  • O feito de implementar a RBU vai provocar inflación porque subirán os prezos artificialmente. Trátase dunha crítica falaz porque non é que se fabriquen novos cartos. A renda basica sería redistribuir, non darlle a maquiniña de facer cartos, o do aumento da inflación non se sostén. Por outra banda, parece inasumible moralmente que para que os prezos sigan baixos haxa que permitir a pobreza de moitas persoas habendo outras extremadamente ricas.

Tamén hai outros cuestionamentos como que non sería “a ferramenta definitiva” contra a desigualdade e na busca dunha sociedade máis xusta, como cuestiona algunha xente.

Tocouse ademais algunha cuestión en discusión entre quen defende a RBU:

  • Unha clave. A RBU, dende unha perspectiva máis de ben común, non é nin máis nin menos que un dereito máis, que debe ser cuberto polo estado a través do sistema de impostos, o mesmo que sanidade e educación. Non é que a RBU veña a substituir estes outros servizos básicos, como defende quen, dende o liberalismo, apoia á RBU (moita xente das empresas de Silicon Valley, por exemplo; por iso fixemos referencia ao principio a que tamén hai na dereita quen defende a RBU como “mal menor”).
  • Como se calcula a RBU nun país ou zona? Hai quen defende que ten que ser máis exigua, sobre 50-60% do salario mínimo, ou facer un cálculo segundo a canasta básica de servizos e bens mínimos para unha vida digna, ou irse directamente a valores máis cercanos ao salario mínimo. Nese cálculo, as persoas menores de edade deberían cobrar o mesmo que as maiores de idade ou, como propoñen moitos modelos de RBU, unha % (moitas veces se fala do 50%)? Tamén hai quen fala de Renda Básica das Iguais, que inclúe unha parte do ingreso non individual, senón incorporado a accións colectivas.
  • A renda básica universal, como pode chamarse universal se non é para as persoas de todo o mundo? E aquí enlazamos xa con modelos de axuda entre países, o sistema de cooperación internacional e como se está a repensar (cousa que en ESF xa sabedes que nos interesa moito), se é mellor plantexar grandes programas moi centrados en resultados concretos ou é mellor “darlles os fondos ás persoas que elas xa verán como gastalos” (hai algúns programas que fan iso, a fondo perdido, e outros moitos con microcréditos, que son reembolsables).

Este foi un primeiro encontro en Enxeñería Sen Fronteiras sobre esta temática. Esperamos ir tendo algo máis para poder ter elementos de discusión nun tema que pensamos que vai ter moito recorrido, e vai estar moi vinculado aos efectos da tecnoloxización e automatización da sociedade para poder poñer a tecnoloxía ao servizo do ben común.

Recomendamos as películas “Yo, Joe Black” e “Los lunes al sol”, para entender un pouco o pozo e o laberinto de violencia administrativa que representan as axudas actuais (incluido o Ingreso Mínimo Vital).

Máis info:

  • Red Renta Básica: http://www.redrentabasica.org/rb/
  • Baladre, Renta Básica de las Iguales: https://rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org/

Para actuar en Galicia:

  • Colectivos Cidadás pola Renda Básica Universal: https://colectivoscidadansrbu.wordpress.com/blog-2/ (en facebook e instagram)
  • Oficina de Dereitos Sociais Coia: http://odscoia.arkipelagos.net/aggregator/sources/7 (en twitter)

Análises dos programas políticos para as eleccións galegas do 12 de xullo

Dende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos que a tecnoloxía e ciencia pódense poñer ao servizo do ben común para acadar un mundo xusto e solidario. Tamén actuando localmente, neste caso dende Galicia, pódese contribuir a esa sociedade mellor. Por iso no seu día fixemos chegar as nosas propostas aos distintos partidos políticos que concurren nas eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro domingo 12 de xullo.

Agora deixamos as análises que fixemos dos programas de 10 partidos dos que concorren a estas eleccións, e un cadro resumo comparativo. Esperemos sexa útil tanto ás persoas electoras como aos propios partidos políticos.

————————————————————————————————————————————————

Partido Socialista de Galicia-PSOE

Programa:

https://issuu.com/psdeg/docs/bases_programticas._marzo_2020

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Non fala de Dereito á Auga. Si de negociación con empresas para non cortes (aínda que non propón cotas de acceso mínimo gratuíto).
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Menciona o tema de renovables. Tamén descentralización da produción, pero pouco concreto, e de control das empresas e negociación coas mesmas para non cortes de subministro.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Referencia a pesca artesanal. Pouco a labregos e labregas. Si liñas de axuda a mulleres rurais. Non menciona cooperativismo nin economía social, nin soberanía alimentaria. Si incide na diversidade no monte e boas palabras para servizos básicos no rural (sen concretar). Si pequenos comercios e prazas de abastos. Non menciona tema minaría no eido da protección do territorio. Pouco desenvolvemento endóxeno.
  • SOBERANÍA DIXITAL. Nin mención ao software libre, nin a internet como servizo básico, nin fenda dixital nin electrónica ética. Si falan de dixitalización na administración pública, pero non de datos abertos na administración.
  • RESIDUO CERO. SOGAMA rexeitado, pero non propón apenas alternativas, nin porta a porta nin compostaxe.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Un pouco de tecno-optimismo, matizada no apartado ambiental. Nada sobre educación tecnolóxica crítica.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Orzamento axeitado, pero pouco desenvoltas as propostas. Nada sobre o Sahara, nin Palestina, nin control de armas.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Esténdese en tema de xénero, pero non de xénero e tecnoloxía, nin ciber-acoso. Tampouco fala do papel da tecnoloxía para a inclusión, aínda que si sobre accesibilidade e autonomía

Partido Popular de Galicia

Programa:

https://feijoo.gal/wp-content/uploads/2020/06/PROGRAMA_ELECTORAL-ELECCIO%CC%81NS-AUTONO%CC%81MICAS_2020.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Non fala de Dereito á Auga. Nada sobre pobreza hídrica ou curtes de subministro. Si sobre xestión integral, modernización da xestión, máis depuración e ordenación territorial. Pouco en participación, un pouco de mención da mesma con comunidades de usuarios.
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Fala de I+D+I pública e privada no eido enerxético, así como de transición enerxética “xusta de verdade”, cunha Axenda Galega de Transición Xusta promovendo enerxía renovable para chegar ao 100% (mantendo ciclo combinado de respaldo). Incide no hidróxeno verde. Tamén menciona a miúdo medidas de eficiencia enerxética. Continua o Bono Social, pero non apostan pola cota mínima gratuíta, nin facer o estudo para coñecer cal podería ser esa cota mínima nas distintas zonas de Galicia. Promoción do autoconsumo (pouco concreto).
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Si promove o consumo de proximidade en criterios de compra pública. Mercaproximidade. Mención ás cooperativas. Non menciona soberanía alimentaria nin agricultura labrega (si que a PAC se oriente a sustentabilidade e apoie á agricultura de montaña de pequeño tamaño e igualdade de xénero). Apóstase por fusións e maior tamaño das explotacións e moita tecnoloxización (para nós, o pequeno é grande). Fala de apoio á modernización da pesca artesanal e artes menores. Propóñense melloras de calidade de vida no rural en distintos eidos e poder promover explotacións xestionadas por xente nova. Moito máis espazo adicado a incendios que a xestión forestal integral e de múltiple uso.
  • SOBERANÍA DIXITAL. Aposta pola reutilización do software e o uso de software e estándares abertos. Fala moito de dixitalización a todos os niveis (tamén na administración), pero non de fenda dixital. Transparencia no seu portal, e máis dixitalización, pero sen mencionar datos públicos abertos xeneralizados. Non fala de Internet como servizo básico, nin de obsolescencia programada ou electrónica ética, pero si varias veces doutras como blockchain, con menos uso social.
  • RESIDUO CERO. Moita mención á economía circular, aproveitamento de residuos agrogandeiros. Propoñen tres novas plantas públicas de compostaxe de biorresiduos domésticos nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, que complementen á de Sogama en Cerceda, e avanzar en sistemas pequenos de depuración de xestión natural e por sistemas de filtros verdes para a autodepuración. Non promoción de sistemas de control ou porta a porta. En ningún momento cuestiona a idoneidade de SOGAMA nin a súa insuficiencia, ou aposta pola descentralización da xestión.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Fala de promover a ciencia cidadá. En investigación, fala de apoiar a conexión co mercado, nada de acceso aberto. Fala de dixitalización da educación, pero non de introducir o pensamento crítico na educación tecnolóxica. Si propón promover espazos maker na educación. Menciona Educación para a Cidadanía Global.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Non menciona o tema orzamentario. Si contempla propostas, pero pouco concretas, insuficientes con respecto ao solicitado dende a CGONGD. Non mención a Sahara nin Palestina, nin o tema armamentístico.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Fala de fenda de xénero na tecnociencia para paliala (tamén na carreira investigadora). Menciona algunhas tecnoloxías sanitarias para renovalas. Tamén menciona medidas en diversos eidos para evitar a discriminación por xénero ou orientación sexual. Ademais, propón a potenciación da teleasistencia e telemonitorización no ámbito domiciliario, nas residencias de maiores e de discapacidade ou no centro de saúde (para reducir desprazamentos, aínda que pode ter efectos adversos que habería que estudar). Non menciona a potenciación de acceso a tecnoloxías de axuda a autonomía das persoas con problemas de mobilidade e outros tipos. Tamén fala de esforzo en mellorar a accesibilidade do portal de transparencia para persoas con problemas auditivos e de visión

Partido Animalista PACMA

Programa:

https://pacma.es/wp-content/uploads/2020/07/Compromiso-electoral-Galicia-galego.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Xestión integral. Fala de potenciar a xestión pública da auga. Defende o Dereito á Auga e unha cota mínima gratuíta asegurada.
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Aposta polas renovables e redución de consumo. Tamén da xeración distribuída e autoconsumo. Eficiencia enerxética. Priorizar en compra pública enerxías renovables. Menciona bono social de servizos básicos, pero non cota mínima gratuita nin un estudo para incluila.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Consumo responsable de carne. Di non ás macrogranxas. Promoción da agricultura ecolóxica. Defensa da agricultura local e a soberanía alimentaria. Produtos locais e de proximidade. Non ao fracking, pero non mencionan tema minaría e outras ameazas ao territorio. Redución do consumo en xeral. Promoción do non consumo de produtos animais. Non ten en conta a pesca nin outros produtos do mar como parte da soberanía alimentaria. Falan de sistemas industriais máis vencellados á sustentabilidade, sen concretar moito. Non mencionan economía social nin cooperativas.
  • SOBERANÍA DIXITAL. Fala de transparencia no acceso a información pública e participación pública. Menciona licenzas libres nos materiais e ferramentas xerados pola Administración Pública, e uso de estándares abertos, pero non a promoción do Software Libre. Tamén fai referencia ao problema de fenda dixital. Non fala de movementos maker.
  • RESIDUO CERO. Redución de embalaxes. Sen mención a SOGAMA nin ao compostaxe. Moi xenérico.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Fala de educación ambiental e a súa potenciación. Tamén da educación en valores. Non educación para a paz nin para o desenvolvemento. Tampouco en pensamento crítico. Si fai referencias a coñecemento aberto e libre acceso na investigación, así como I+D+I para o beneficio común
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Opóñense aos tratados de libre comercio. Recoñecemento e protección de persoas refuxiadas. Pero non hai ningunha mención á cooperación ao desenvolvemento, nin a tema Sahara ou Palestina
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Mención ao ciberbullying. Tamén accesibilidade na cultura e mobilidade. Bastante mención á igualdade a todos os niveis, e protección do colectivo LGTBI. Non referencia a nivel tecnocientífico. Si mencionan campañas contra discursos de odio a persoas inmigrantes, LGTBI e outros colectivos. Non menciona a potenciación de acceso a tecnoloxías de axuda a autonomía das persoas con problemas de mobilidade e outros tipos, excepto substitución de animais por voluntariado ou sistemas GPS. Afirman que a tecnoloxía debe usarse para xerar emprego e con criterios éticos

Ciudadanos Galicia

Programa:

https://www.ciudadanos-cs.org/var/public/documentos/2020-07/programa-cs-elecciones-gallegas.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Non menciona o Dereito á Auga. Propostas para depuracións, sen descentralizar nin innovacións. Nada sobre pobreza hídrica ou curtes de subministro. Quen contamina, paga, en vez de “non contaminar”
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Medidas para promover a eficiencia enerxética en edificios. Incentivos para autoconsumo e xeración distribuída. Aposta por neutralidade de carbono. Sen mención a bonos sociais para evitar cortes, nin a estudo sobre cotas mínimas gratuítas de electricidade/luz/gas.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Fala de promover o non despilfarro e colaborar cos bancos de alimentos. Non menciona a soberanía alimentaria. Si a pequena e mediana explotación, para fortalecer o programa “da granxa á mesa” e consumo de proximidade. Fala de política forestal sustentable, sen concretar. Apoio a negocios no rural e propostas xenéricas sobre mellora da calidade de servizos no rural. Axudas a mulleres rurais e á incorporación de mulleres á pesca. I+D+I agraria, de xeito moi xenérico. Potenciar agricultura ecolóxica. Non fala de pesca artesanal. Non mencionan ás cooperativas como referencia, pero si as ten en conta.
  • SOBERANÍA DIXITAL. Banda ancha a todos os fogares antes de fin da lexislatura. Si menciona a fenda dixital. Non acceso mínimo de balde a Internet. Non fala de software libre, nin estándares libres, nin movementos maker ou faino tí mesma. Si fai fincapé nalgunhas medidas de transparencia no goberno, pero sen referirse a datos abertos. Si a dixitalización da administración.
  • RESIDUO CERO. Promoción das 3R. Redución de embalaxes e recollida de orgánico a partir de 2023. Non cuestiona modelo SOGAMA nin fai propostas concretas de como implementar. Fala de recollida selectiva e de “valorización enerxética” de restos agrogandeiros.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Non menciona I+D+I para o ben común, nin acceso aberto, nin coñecemento aberto. Educación en liña. Non menciona Educación para a Paz nin para o Desenvolvemento, nin en tecnoloxía para o ben común.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Non hai mención á cooperación ao desenvolvemento, nin a tema Sahara ou Palestina.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Fala bastante da tecnoloxía para modernizar o rural. Tamén do control da adicción ás tecnoloxías. Fai referencia ás novas tecnoloxías para o turismo inclusivo. Menciona a alfabetización dixital especificamente para persoas con discapacidade .Tamén da loita contra a fenda de xénero (especificamente no rural), e da non discriminación da comunidade LGTBI (tamén con referencia específica ao rural), pero non no que ten que ver coa fenda tecnolóxica de xénero, ou prevención de ciberacoso. Tampouco propón acceso a tecnoloxías de mellora da autonomía do día a día a baixo custo a persoas con problemas de mobilidade

Marea Galeguista

Programa:

https://enmarea.gal/mareagaleguista/wp-content/uploads/2020/06/Programa-MG.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Fala de Dereito á Auga e dun acceso mínimo de 60 l/persoa e día gratuíto. Desmercantilización de servizos públicos. Protección das augas da contaminación
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. 80% renovables para 2030. Eficiencia enerxética e redución de consumo enerxético. Tramos de consumo, cun primeiro gratuíto, para evitar pobreza enerxética. 1. Promoción das enerxías renovables sustentables e distribuídas a través do autoconsumo
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Promoción da soberanía alimentaria, con propostas concretas nesa liña. Promoción da agricultura ecolóxica. Renda Básica Agraria e do Mar. Promoción da gandería extensiva en ecolóxico. Pequenas industrias artesanais de transformación, adaptando normativa. Diversidade de usos do monte e apegado ás comunidades e ás plantacións de frondosas autóctonas. Protección de artes menores e pesca artesanal. Produción e comercio de proximidade. Economía social e colaborativa. Escolas de coñecemento labrego baixo a filosofía de compartir saberes («campesiño a campesiño»). Freo ao monocultivo e megaminaría
  • SOBERANÍA DIXITAL. Loita contra a fenda dixital. Impulsará principios de accesibilidade universal na administración e servizos públicos, tanto na arquitectura e deseño dos espazos físicos como no entorno viual da rede de internet. Acceso a Internet para toda a cidadanía: un dereito universal e gratuíto. Plan de Banda Ancha de cando menos 30 megabits por segundo para toda a poboación. con gratuidade do servizo até os 10 megabits/segundo. Promoción da «alfabetización tecnolóxica e aposta polo software libre na administración. Tamén medidas pola transparencia e mellorar a participación cidadá
  • RESIDUO CERO. Non se formula alternativas á xestión de residuos. So breve referencia a SOGAMA para abaratar o canon que pagan os concellos e poñelo máis ao servizo do interese público e non da empresa que o xestiona. Fala de promover produtos máis duradeiros no tempo
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Na universidade, contidos e valores pola sustentabilidade, fronte ó modelo patriarcal, que permitan agromar unha nova cidadanía responsable e esixente coa implicación de toda a sociedade, e cunha perspectiva humanista. Materia de Educación para a cidadanía e os Dereitos Humanos e enfoque de cidadanía global mencionado. Revisión da materia de tecnoloxía, incorporando elementos de reflexión crítica sobre a tecnoloxía para o ben común, así como na materia de filosofía. Non mención da participación de organizacións da sociedade civil nos consellos sociais das universidades
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Comercio Xusto en entidades públicas. Menciona aliñamento cos principios da Coordinadora Galega de ONGD sen concretar medidas. Non mención a Sahara nin Palestina. Sen referencia a control de armas. Control de paraísos fiscais, pero sen referencias ao control do desempeño das empresas galegas no exterior
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Inclusividade con Renda Básica Universal, dada a tecnoloxización da sociedade. Tamén defende a accesibilidade universal e “deseño para todos”, con fondos para promover infraestruturas inclusivas. Trata fondamente a equidade de xénero. Reactivación da Unidade de Muller e Ciencia como instrumento de visibilización, e valorización da actividade investigadora e innovadora realizada polas mulleres. Sen referencias a tecnoloxía accesible e barata adaptada ás persoas con mobilidade reducida nin movementos makers e reapropiación da tecnoloxía

Bloque Nacionalista Galego

Programa:

https://www.bng.gal/media/bnggaliza/files/2020/06/15/programa_galegas_2020.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Preservación do recurso, redución do consumo, eficiencia nas redes de distribución, mellora da redes de saneamento, ampliación e mellora das infraestruturas de depuración. Descentralización de saneamento e saneamento descentralizado. Propón restrición das contratacións da Xunta con empresas que acometan cortes nas subministracións básicas. Non menciona Dereito Humano á Auga, nin cota mínima de balde. Propón unha mellor integración da Directiva Marco
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Impulsarase a redución do consumo, eficiencia enerxética, abastecemento con enerxías renovábeis, autoabastecemento con enerxías de km 0 en edificios e equipamentos públicos. Aposta pola soberanía enerxética. Lei de garantía de acceso á enerxía e contra a pobreza enerxética. Promover a existencia de unidades produtoras de electricidade que contribúan a diluír o actual oligopolio eléctrico. Horizonte enerxía fósil cero, pero sen concretar cando. Nova normativa que obrigue ás operadoras a estabelecer canles de comunicación directa coa administración galega e local
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Menciona a importancia de manter a produción de alimentos e asegurar o maior grao posíbel de soberanía alimentar e avanzar na garantía dunha alimentación saudábel para a sociedade. Diversificación da produción agrogandeira e apostando polos produtos de calidade e con prácticas respectuosas co medio. Promoción da economía social e cooperativismo. Impulso ao comercio e consumo de proximidade. Protección da pesca artesanal. Contratación pública galega responsábel para acadar obxectivos sociais (cláusula social), éticos (comercio xusto e responsábel) e ambientais (cláusula verde). Control da minaría e non metálicas a ceo aberto. Aposta polas compras e subministracións de produtos que existan en galego (programas, equipos informáticos e electrónicos, produtos alimentarios, medios de comunicación e subministracións de todo tipo) e que fosen elaborados en condicións óptimas de sustentabilidade e de comercio xusto, responsábel e ético. Valoración do domicilio social das empresas e a creación de emprego no ámbito local, comarcal e nacional galego.
  • SOBERANÍA DIXITAL. Nova normativa que obrigue ás operadoras de telefonía a estabelecer canles de comunicación directa coa administración galega e local. Fomento do software libre, datos abertos e transparencia. Banda ampla de internet e novas tecnoloxías en todo o territorio da Galicia. Non fala sobre acceso mínimo de balde á Internet.
  • RESIDUO CERO. Xestión e tratamento da materia orgánica con criterios de autosuficiencia, proximidade e circularidade: compostaxe domiciliaria, comunitaria e en miniplantas/plantas comarcais. Redución, recuperación e reciclaxe. Separación en orixe. Plan Galego de Compostaxe. sistema de Depósito, Devolución e Retorno para envases e embalaxes. Redución do plástico nas compras públicas. Medidas de redución de uso de plásticos (sen concretar). Promoción da economía circular co fomento da prevención, a reutilización e a reciclaxe dos materiais e a través do mercado de produtos reciclados e de segunda man.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Avanzar nunha sociedade máis culta, dinámica, participativa, equitativa e crítica. Sen referencias á educación para a paz ou a cidadanía global, nin a educación e investigación en tecnoloxía e ciencia posta ao servizo do ben común.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Compromiso de defender políticas internacionais comprometidas cos valores do respecto pola soberanía de todos os pobos, o anti-imperialismo, a paz e a solidariedade internacional, a solución pacífica dos conflitos e a solidariedade e o dereito de cada pobo a decidir sobre o seu futuro. Compromiso orzamentario coa cooperación internacional. Sen propostas desenvolvidas. Sen referencia a control de armas, nin Sahara, Palestina ou control de empresas galegas no exterior. Promoción de loita contra paraísos fiscais
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Referencia á ciberseguridade. Sensores para a xestión municipal – auga, ruído, calidade do aire, outros datos medioambientais, transporte público, estacionamentos, mobilidade, e o aproveitamento da información que flúe do entorno rural. Participación e democracia participativa. Perspectiva de xénero nas TIC. Accesibilidade e gratuidade tanto a medicamentos, material ortopédico como aos tratamentos precisos. Sen referencia á soberanía tecnolóxica, makers ou faino-tí-mesma para recuperar autonomía tecnolóxica

Galicia en Común-ANOVA-MAREAS

Programa:

https://www.gecam.gal/wp-content/uploads/2020/06/Programa_def-1.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Renda Básica da Cidadanía (non Universal), suficiente e proporcionada para garantir os pagamentos de alugueiro de vivenda, alimentación e subministracións básicas da unidade familiar (electricidade, auga, gas, compañías cuxos contratos conteñan cláusulas abusivas ou sexan opacas na súa xestión dos servizos esenciais como luz, auga ou gas serán sancionadas. Implementación de medidas contra a pobreza das persoas con diversidade funcional. Se a pobreza e a precariedade son problemas cada día máis graves na nosa sociedade, na poboación con diversidade ou dependencia o son aínda máis. Elaboraremos un plan integral de atención á saúde física e psicosocial das persoas sen fogar e transeúntes. Implantaremos medidas específicas para identificar e paliar no posible a pobreza das persoas discapacitadas ou dependentes mediante a aplicación da Renda Básica da Cidadanía.152. Garantir as subministracións básicas. Falan de impedir os cortes de subministracións básicas de auga, luz e gas cando a falta de pagamento se deba a motivos alleos á súa vontade das persoas, como a pobreza sobrevida, que haberá que acreditar. Non fala dunha cota mínima básica universal e gratuíta. Propón que a auga, elemento indispensable para a vida, sexa de xestión pública e protexela de contaminación. Inciden no Dereito Humano á auga. Fixan un mínimo vital de 100 litros por persoa e día. Fomento da auga da billa. Non fala de saneamento distribuído.
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Renda Básica da Cidadanía (non Universal), suficiente e proporcionada para garantir os pagamentos de alugueiro de vivenda, alimentación e subministracións básicas da unidade familiar (electricidade, ga). Compañías cuxos contratos conteñan cláusulas abusivas ou sexan opacas na súa xestión dos servizos esenciais como luz, auga ou gas serán sancionadas. Non fala de estudar unha cuota mínima básica universal e de balde. Sí de eficiencia enerxética e de descentralización enerxética. creación de cooperativas de produción enerxética en base ás diferentes enerxías renovables ou recuperar paulatinamente as centrais hidroeléctricas galegas para que a súa xestión sexa pública. Transición enerxética xusta para o peche de centrais térmicas de carbón.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Promover o cooperativismo e a economía social desde a Administración. Soberanía produtiva ao substituír elementos importados por propios durante todo o ciclo de produción. Opoñeranse desde o Goberno galego á aprobación do TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos). . Apoio ás redes curtas de comercialización e á soberanía alimentaria. Promoverán escolas de coñecemento labrego baixo a filosofía de compartir saberes («campesiño a campesiño»). Apoio as iniciativas de transformación de materias primas agrarias en produtos con maior valor engadido, executados preferentemente polos propios produtores, incluíndo a produción artesanal. Defensa e posta en valor da pesca artesanal (sistemas de pesca tradicionais máis respectuosos co medio ambiente, xeran mais postos de traballo por tonelada descargada e consumen menos enerxía por unidades de pesca).
  • SOBERANÍA DIXITAL. Impulso do software libre,establecendo un uso preferente de programas de código aberto nas institucións públicas, impulsando a migración progresiva das administracións cara a este modelo e superando dese modo situacións monopolísticas e de dependencia tecnolóxica. Oposición á implantación das patentes de software. A «alfabetización tecnolóxica» convértese nun dereito social de nova xeración e nun deber dos poderes públicos. Garantirán a gratuidade do servizo até os 10 megabits/segundo. Eliminar a fenda dixital e formar nun uso intelixente das tecnoloxías. Non fala de datos abertos, si de medidas para a transparencia e bo goberno.
  • RESIDUO CERO. Fala do modelo obsoleto da Sociedade Galega do Medio Ambiente(SOGAMA) e dunha nova Lei de Residuos de Galicia. Avogan pola compostaxe e o control e tratamento axeitado de cada vertido segundo a súa natureza e tamén outro tipo de incentivos, como os fiscais ou a fin da obsolescencia programada. Principios de proximidade e de precaución.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Valores de sustentabilidade na educación. Construción dunha cidadanía comprometida e crítica para fomentar a participación real e efectiva da sociedade, promovendo campañas en colaboración coas consellerías competentes. Non fala de transversalización de Educación para a cidadanía global nos estudios nin educación en valores, nin na tecnociencia para o ben común. axudas a proxectos de investigación sobre asuntos de muller I+D+I. Tampouco sobre coñecemento aberto.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Compromiso orzamentario coa cooperación internacional. respectar o Pacto Galego contra a Pobreza. Sen referencias a Sahara e Palestina. Promoción de política de portas abertas para todas as persoas, con independencia da súa orixe,xa que entendemos o mundo desde unha perspectiva solidaria e de cidadanía global. Desenvoltas as propostas nesta liña coa CGONGD. Sen referencia a control de armas e produción de armas en Galicia, nin a control do cumprimento de dereitos humanos de empresas galegas no exterior.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Atención a adiccións ás novas tecnoloxías. Tecnoloxías no rural. Aumentar e axilizar as prestacións por material ortoprotésico. Sen referencia a promoción da tecnoloxía de baixo custo e maker neste eido e outros. Plan de Alfabetización Mediática Dixital en contornos comunicativos formais e informais. Non menciona medidas contra ciberacoso. Cumprimento da Lei de Accesibilidade Universal e a consecuente eliminación de barreiras arquitectónicas. Investimentos de obras públicas, infraestruturas, novas tecnoloxías e sociedade da información mediante o que se financiarán os programas e actuacións de accesibilidade universal.

VOX

Programa:

https://www.ondacero.es/noticias/elecciones-galicia/programa-electoral-completo-vox-elecciones-galicia_202006295efa16d23c943200016993a0.html

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Sen referencia explícita.
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Sen referencia explícita.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Tócase de xeito transversal o tema de reverter o despoboamento do rural. Prométese (pero sen medidas específicas) un emprego digno para as galegas, algo que se supón que é extensivo para as galegas do ámbito rural. Propóñense medidas para aumentar a natalidade (entendendo esto como posible estratexia para evitar o despoboamento) así como facilidades para que as persoas novas poidan acceder á súa primeira vivenda. Ademais, bonificacións fiscais para o rural e a pesca, sen concretar nin referirse ao tipo de modelo buscado (economía social, proximidade, promoción da soberanía alimentaria, agroecoloxía, pesca artesanal…)
  • SOBERANÍA DIXITAL. Sen referencia explícita. No punto 7 fálase de “Simplificación administrativa” e de “auditorías (…) de todos los entes públicos”.
  • RESIDUO CERO. Sen referencia explícita.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Sen referencia explícita. Cando falan de “lo común” refírense ao castelán unicamente. Referencia a maior control dos pais na educación dos fillos e o pin parental. Nin unha referencia á ciencia.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Sen referencia explícita.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. No punto 3 “Plan de fomento de la natalidad” proponse eliminar “la brecha maternal” mais non se especifica como. Fala de flexibilizar horarios, traballo a media xornada e teletraballo, pero nada máis sobre tecnoloxía e inclusión. Defende a derogación da lei LGTBI, coa desprotección que suporía.

Por un Mundo máis Xusto

Programa:

https://www.porunmundomasjusto.es/wp-content/uploads/2020/07/ProgramaGalicia2020-PorUnMundoM%C3%A1isXusto.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Sen apenas referencias. Propón potenciar a auga nos espazos públicos
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Recorte de gasto enerxético e promoción de enerxías alternativas. Sen moito desenvolvemento de propostas
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Aposta polo consumo responsable. Produción local. Protección de cooperativas e a auto xestión, protexendo ás pequenas e medianas empresas e as explotacións familiares. Alimentación xusta e responsable, e promoción da agroecoloxía. Sen referencia explícita á soberanía alimentaria, nin a pesca artesanal. Promoción do repoboamento rural, con medidas fiscais. Recuperación da cultura do comercio de proximidade e local, respectando o planeta e as súas xentes
  • SOBERANÍA DIXITAL. Aposta por máis transparencia, pero sen concretar. Promocionar o Software libre as actividades da Xunta de Galicia, erradicando a fenda dixital e a accesibilidade a internet en todo o territorio (sen concretar demasiado)
  • RESIDUO CERO. Políticas de reparación de produtos e redución de residuos. Pouca concreción
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Promover cultura de paz e non violencia. Redes de apoio a migrantes. Sen referencia explícita a educación en tecnoloxía para o ben común
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Visión de cidadanía global en todo o programa. Fortalecer control en comercio de armas. Referencia á Axenda 2030. Imposición de condicións máis esixentes ás nosas empresas no exterior nos seus comportamento socio-ambientais.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Políticas de coidado digno e inclusión. Sen referencias a tecnoloxías para a inclusión.

EQUO Galicia

Programa: http://equogalicia.org/eleccions-galicia-2020/

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Asunto tratado no apartado de “Urbanismo e Vivenda”. Sen mención a unha dotación mínima nin ao Dereito á auga, pero hai un apartado de Renda Básica Universal. Fálase de garantir o acceso básico á auga mediante negociación de tarifas respecto a renda da unidade familiar e ca prohibición de cortes en vivendas habitadas sen previo informe dos Servizos Sociais. Non ferramentas de monitoreo. Non promoción auga de billa. Ao longo do programa deféndese reducir o consumo de auga e protexer este recurso de ser contaminado.
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Tema tratado en varios puntos do programa, especialmente no “Bloque 1:Economía e Servizos”, e concretamente no apartado de “Enerxía e Sustentabilidade”. Menciónase a soberanía e a democracia enerxética. Plan de rehabilitación enerxética de edificios, especialmente os da Administración; aposta pola solarización e o “passivhaus”. Mobilidade sustentable, descarbonización progresiva do sector. Industria verde, rexeitamento do modelo electro-intensivo. Emprego verde no sector enerxético no sentido amplo (reformas de edificios, sector das eléctricas renovables, distribución da enerxía). Redución da emisión de Gases de Efecto Invernadoiro nun 50% en 4 anos. Decrecemento do consumo de enerxía primaria nun 40% de aquí a 2030. Sector eléctrico 100% renovable para 2030 e de todo o sector enerxético para 2040. Promoción do autoconsumo. Negociación das tarifas segundo a renda da unidade familiar. Abolir os cortes en vivendas habitadas, aínda en situación irregular, sen previo informe dos Servizos Sociais. Loita contra a pobreza enerxética: dotación enerxética mínima de balde e obxectivo de cortes 0 por causas de vulnerabilidade social. Preténdese implantar a Renda Básica Universal. Creación dun ente público supervisor dos sistema enerxético. Apoio das renovables pero tendo en conta o impacto ambiental na zona, por exemplo, proponse que a enerxía eólica reverta con prioridade nas inmediacións dos parques.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. É importante ao longo de todo o programa a transformación do tecido produtivo mudando a modelos máis sustentables e respectuosos co medio ambiente e as persoas. Claro apoio á economía agraria de pequena escala, de proximidade, extensiva, ecolóxica, sostible, circular. Mención á agroecoloxía en varios puntos. Subapartado específico para a soberanía alimentaria. Promoción do comercio local e o cooperativismo. Férrea defensa da biodiversidade. Intención de levar a cabo un Plan Integral para a Xestión do Monte multidisciplinar, tratando temas como a deseucaliptización, melloras no eido da prevención de incendios, promover a diversificación da economía forestal. Tamén para o sector pesqueiro hai enfoques que tenden á sustentabilidade como é a promoción das técnicas tradicionais e a priorización do comercio de proximidade. Fomento en xeral da actividade económica sustentable no rural e no sector primario dende unha perspectiva renovadora que tenda ó comercio local e á xeración de emprego verde. Relacionase a soberanía alimentaria ca agroecoloxía e a mellora da saúde das persoas a través dunha dieta baseade neses produtos. Promoción de vida no rural a través da mellora dos servizos públicos, a mobilidade, acceso a Internet, xestión de terras sen aproveitar e habilitación de acceso a novas vivendas. Trátase o tema da minaría nun subapartado específico do “Bloque 3: Territorio e Medio Ambiente”. Plans de recuperación de zonas incendiadas, contaminadas e degradadas en xeral. Rexeitamento do fracking
  • SOBERANÍA DIXITAL. Combate contra a fenda dixital, esencialmente no rural e no eido da educación. Tense en conta o concepto de soberanía dixital. Fálase de “estándares abertos”. Faise referencia tamén á soberanía tecnolóxica en alusión ao concepto de “maker” e ás feiras tecnolóxicas. Clara intención de mellorar a conectividade das galegas ao Internet, especialmente en favor do teletraballo, sen concretar mínimo acceso de balde. En canto á reparación de dispositivos electrónicos, trátase de xeito implícito cando se fala de reducir o consumo, das 3R e de acadar o obxectivo de Residuo Cero; e de xeito explícito nun punto escrito en contra da obsolescencia programada. O concepto de transparencia pública trátase de xeito pouco concreto.
  • RESIDUO CERO. Apartado específico para a “Xestión de Residuos”. Trátase moito a estratexia de ciclos económicos curtos, tanto no espazo (comercio de proximidade) como temporal (Reutilización, Reciclaxe, Reparación…) para tender a un modelo de Economía Circular e de Residuo Cero. Esto ten continuidade transversal ao longo de todo o programa. Proponse a substitución do modelo de incineración-vertido e mesmo así o modelo centralizado, é dicir, SOGAMA, por alternativas baseadas na reciclaxe, a compostaxe (valorización de restos orgánicos) e a xestión vencellada aos concellos (descentralización). Hay un punto adicado á problemática da obsolescencia programada. Fálase de reducir o plástico de un solo uso.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. No apartado de “Educación e Xuventude” atopamos referencias a: educación ambiental en sentido amplo e transversal así como a creación dunha materia específica sobre o tema, creación de novas materias como son Dereitos Humanos ou Educación para a Paz e a Igualdade, modificar a materia de Tecnoloxía para engadir “criterios comunitarios de desenvolvemento”, fortalecer o vínculo da Universidade cos Centros de Investigación, mellorar a formación crítica das alumnas, promocionar o acceso aberto á produción científica en xeral (sin referencia específica ao coñecemento xerado grazas a fondos públicos), ter en conta e atallar problemáticas socioeconómicas e emocionais na comunidade educativa, incentivo do activismo das persoas xoves, poñer en valor de xeito práctico o papel das Educadoras Sociales. Despois, de xeito espallado e transversal, fálase da inclusión de persoas pertencentes a colectivos vulnerables (ver Bloque 2: Dereitos Sociais) e de visibilizar, facilitar e dignificar os coidados. Sen referencia explícita á educación en Ética da Ciencia e a Tecnoloxía, pero si a maker e a relación co espírito comunitario. É o único partido que inclúe abrir as portas dos Consellos Sociais das Universidades a organizacións da sociedade civil
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Sen referencia explícita ao orzamento no eido da cooperación ao desenvolvemento. Sen referencia explicita ao apoio institucional ás causas Saharaui e Palestina. Mención ao Sahara Occidental en relación á educación en solidariedade e xustiza global. Non hai un apoio explícito á cooperación ao desenvolvemento nin ás organizacións da sociedade civil internacionalistas. Tampouco hai posicionamiento en contra da exportación militar. Bótase a faltar unha crítica máis explicita ao extractivismo global. Faise escaso o tratamento da cuestión das persoas refuxiadas ou migrantes en situación de risco de exclusión.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. No “Bloque 2: Dereitos Socias” existe un apartado sobre Diversidade Funcional con referencias á mellora da calidade de vida de persoas con mobilidade e/ou percepción dificultada, sen embargo non hay referencia directa á investigación en tecnoloxía accesible adaptada a elas, ca sutil excepción do punto sobre mobilidade urbana que podería incluír, de xeito especulativo, avances importantes en arquitectura e enxeñaría para o ben vivir destas persoas. As propostas neste eido son máis ben e tipo legal-administrativo. Existe, tamén no Bloque 2, un apartado de Feminismo, no que naturalmente atopamos un apoio firme á igualdade de xénero, e tamén hai referencias ao colectivo LGTBI+. Cabe destacar en positivo un punto sobre diminuír a fenda de xénero tecnolóxica tanto no eido cotiá como no académico. Referencia a a movementos maker.