Avaliación dos programas en Honduras entre 2010 e 2017

A continuación podedes ver os informes de avaliación externa dos nosos programas en Honduras entre 2010 e 2017 que foron financiados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia:

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO DEREITO Á ALIMENTACIÓN CON ENFOQUE DE SOBERANÍA ALIMENTARIA: https://cooperacion.xunta.gal/sites/w_coopga/files/avaliacions/4.2.1._informe_evaluacioun_expost_esf_sobal.pdf

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO DEREITO Á AUGA: https://cooperacion.xunta.gal/sites/w_coopga/files/avaliacions/4.2.2._informe_evaluacion_expost_esf_agua.pdf

ESFRadio: episodio 1

Xa está aquí o primeiro episodio de ESFRadio,o podcast de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Grazas á producción de Jorge Lama!

Neste primeiro episodio arrancamos forte. Patricia e Irene entrevistan a Doris e Lucía, defensoras da terra contra o extractivismo no sur de Honduras, co apoio do Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (asociación socia de ESF Galicia no programa de defensa da terra e soberanía alimentaria dende hai 10 anos). Aquí podes saber máis delas.

A entrevista é en castelán.

Aquí podes escoitar o programa en open spotify: https://open.spotify.com/episode/3mqxhKhE84Ck9pFkz0Wd8U

Podes escoitalo tamén a través de iVoox: https://www.ivoox.com/01-doris-e-lucia-defensoras-da-terra-audios-mp3_rf_44394422_1.html

E se prefires escoitalo con mejor calidad en formato ogg, o podes facer a través de archive-org:

Podedes usar una app para o móbil como https://antennapod.org/ para subscribirvos ao podcast esta url: http://feeds.feedburner.com/ESFradio , na parte de suscripcións “Añadir Podcast”

Boletín Oficial ESFeiro (BOE) : novembro 2019


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Enos grato contarvos que o pasado mes foille entregado a Pepe Vara, o presidente honorífico de ESF Galicia e un dos fundadores da asociación hai 26 anos, o premio Humana da Universidade de Vigo (onde ESF naceu) pola súa traxectoria persoal en cooperación e dereitos humanos. Aquí podes ver o momento. Deste premio se fixeron eco diversos medios. En outubro, ademais do premio de Pepe, houbo máis boas noticia dende Vigo, como foi o concerto solidario de Juancho Marquésorganizado pola universidade a prol de Enxeñería Sen Fronteiras, do que falaron tamén diversos medios (aquí ou aquí podes velo). Por outra banda, invitadas pola propia Universidade de Vigo, tivemos ocasión de asistir ao Ourense Rural Summit, onde máis de cen persoas de diversas procedencias (tanto a nivel disciplinar como a nivel xeográfico) trataron de xenerar ideas de cara a conformación do Observatorio de Investigación Rural, que pense xeitos de impulsar un rural vivo.

Un dos acontecementos do mes foi sen dúbida a visita de Alba e Lourdes, mulleres marisqueiras da illa de Amapala (Honduras), que estiveron de xira por Galicia e aquí podes ver a crónica. Ademais, en Santiago tivemos un faladoiro con nova xente interesada en participar en ESF Galicia. Xa son un grupiño ben bo, pero índa seguen buscando xente interesada en facer cousas, así que se te animas ou sabes dalguén na zona de Compostela… Grazas a eles, temos DENDE ESTE MES, INSTAGRAM ESFEIRO.


HONDURAS

En Honduras rematouse o proxecto financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pertencente ao programa de Dereito á Auga, onde se forteleceu ás oficinas técnicas da Mancomunidad de Municipios del Sur e de cada un dos 7 concellos que a compoñen.  Tamén se están completando as actividades do proxecto financiado pola Xunta de Galicia, dentro deste mesmo programa, de fortalecemento da xestión pública da auga e saneamento, incluindo unha escola de promotores de auga impulsada pola asociación AHJASA.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:

  • La ética de las ONGD y la lógica mercantil. Icaria
  • Guía de simulación y de juegos para la educación ambiental. Los libros de la catarata
  • Más allá de la ayuda. Coherencia de políticas económicas para el desarrollo. Real Instituto Elcano

E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook , Twitter e Instagram.


A ESF-RASE DO MES

O problema non é tecnoloxía si ou non, senón quen a crea, desde que intereses e con que visión da sociedade e do mundo. Marina Garcés

Visita de Doris e Lucía, defensoras da terra contra a minaría depredadora

Lucía e Doris son dúas mulleres do sur de Honduras, do municipio de El Triunfo. Alí hai unha empresa que, coa connivencia dos poderes gubernamentais a nivel central (Tegucigalpa), quere poñer en marcha unha explotación mineira sen contar co apoio da poboación, nin da propia alcaldía municipal. O Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca é unha organización da zona, coa que ESF leva colaborando dende o 2008, que lles da apoio e asesoramento nas súas loitas.

Trátase dunha zona de trópico seco, con economía de subsistencia, onde as mulleres non soen tomar parte moi activa da vida pública. No municipio constituiuse el Frente Triunfeño en Defensa de la Vida, moi activo contra esta empresa mineira, que protagonizou protestas (a unha das mulleres que vén a quixeron amedrentar con disparos aos pés como se ve aquí, aínda que non conseguiron amedrentala moito…) e mesmo impulsou un referendum para declarar o municipio de El Triunfo como libre de minaría.

Elas veñen a Galicia dentro dun proxecto que chamamos Coidadoras da Terra (polo cal outras 4 mulleres a maiores visitarán Galicia, dúas marisqueiras que xa viñeron e outras dúas que forman parte de xuntas veciñais de auga), que pretende visibilizar ás loitas das mulleres e poñelas en contacto con iniciativas da sociedade civil galega. Unha sorte de intercambio de experiencias e coñecementos, e ver que as loitas son comúns porque hai algo común na depredación dos recursos en todo o planeta (aínda que poñendo tamén o ollo nas diferencias a nivel lexislativo e de protección dos dereitos humanos nuns sitios e outros para unir loitas e que non se quede nun “cada un pelexar polo seu”), todo elo coa perspectiva de xénero.

Máis datos sobre o problema das minas en Honduras neste interesante informe de Oxfam.

A axenda da visita será a seguinte: