A Enerxía é considerada un dereito humano transversal, de xeito que condiciona o acceso a varios outros dereitos esenciais. Este dereito ten, como no resto dos sectores nos que traballamos, a parte de acceso (no caso da enerxía fálase dende hai un tempo de pobreza enerxética, incluso no noso entorno), e a parte de modelo enerxético desexable. As tecnoloxías que se desenvolven e se empregan condicionan para o acceso á enerxía condicionan e veñen condicionadas polo modelo enerxético no e para o que nacen. Por exemplo, non se desenvolvemen centrais nucleares para impulsar un modelo de pequena escala e descentralizado, baseado no autoabastecemento enerxético e o mínimo gasto. O noso posicionamento neste eido é común ao da Plataforma Novo Modelo Enerxético, que se pode ver aquí.

Existen persoas na asociación que traballan neste eido, pero faltaría conformar un grupo de traballo estable. Sen embargo, si se impulsan accións en Galicia como xornadas de reflexión sobre pobreza enerxética ou novo modelo enerxético (case sempre colaborando con outras organizacións), ou de incidencia política en partidos políticos e administracións públicas para que introduzan nos seus programas electorais elementos de impulso dun Novo Modelo Enerxético, contra a pobreza enerxética e a prol da soberanía enerxética. Persoas da asociación participan ocasionalmente en encontros estatais e mesmo internacionais de reflexión nestes temas, e nos traen ideas frescas sobre xeitos de actuar ou as novas tendencias de xestión ou activismo no ámbito do dereito á enerxía, como últimamente a concienciación sobre o vínculo entre mulleres e enerxía.

A nivel internacional non contamos cun programa específico de electrificación, pero é un elemento moi importante sobre todo no programa de Dereito Humano á Auga en Honduras, onde nos últimos anos estamos a apostar por proxectos piloto de bombeo de auga con enerxía solar en pequenas aldeas (Varsovia ou El Fortín, ambas no municipio de El Triunfo). Estamos validando se, como creemos, o custo por familia do bombeo de auga empregando enerxía solar con instalacións descentralizadas (co mantemento axeitado para o que se forman persoas nas propias aldeas ou no entorno), é menor que o xenerado se o bombeo é a través de motores diesel. Incluso, se mesmo pode ser máis barato (e sustentable) que se se emprega a traída de rede eléctrica de potencia que ,na zona onde traballamos no sur de Honduras, baséase moito en enerxía de centráis térmicas a partir de combustible fósil. Esta sube o custo nun contexto de escaseza de materia prima do país; carbón e petróleo non o teñen, leña cada vez menos, pero sol teñen moito, e paga a pena explorar alternativas renovables en zonas rurais.