Cando nos falan dos Dereitos Humanos, moitas veces pensamos en cousas intanxibles, cousas como a vida digna, a liberdade ou a seguridade. Por iso, e sobre todo na sociedade actual, cunha gran carga materialista, pode ser difícil de entender que a auga sexa un Dereito Humano que cumpla todas as propiedades dos mesmos, como a non posibilidade de mercantilización.
Foi no ano 2010 cando se recoñece o Dereito Humano á Auga (DHA) na Asemblea xeral das Nacións Unidas:
“Recoñece que o Dereito a auga potable e o saneamento é un Dereito Humano esencial para o pleno disfrute da vida e de todos os Dereitos Humanos”
Este feito foi significativo, aínda que cabe destacar que esta resolución das Nacións Unidas non é vinculante para os Estados, é dicir, non teñen por que cumplila.
Enxeñería Sen Fronteiras, como asociación que traballa no eido da tecnoloxía para as persoas, ten o dereito á auga como un dos seus eixos de traballo, con experiencia tanto en España como noutros países como El Salvador, os campamentos de refuxiados saharauis en Arxelia ou Honduras, e participa a través da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras en redes que promoven unha maior transparencia e bo goberno na xestión da auga en todo o mundo. Aquí se pode ver o posicionamento de ESF Galicia en Dereito Humano á Auga.
Para promover o Dereito Humano á Auga, contamos na Asociación con varios grupos de voluntariado que traballan na temática. Os grupos de Educación para o Desenvolvemento e Incidencia Política, que desenvolven actividades no ámbito nacional, tanto de campañas de sensibilización, como de organización de faladoiros ou xornadas, así como de labouras de influencia nas actoras políticas con capacidade lexislativa.
EN HONDURAS
O grupo de Auga-Honduras, que se encarga de facer seguimento do Programa Internacional de Cooperación para o Desenvolvemento de Promoción do Dereito Humano á Auga. Entre 2004 e 2008 os desenvolvimos en El Salvador e nos campamentos de refuxiados saharauis en Alxeria. Dende 2007 á actualidade o facemos en Honduras, nos departamentos de Valle e Choluteca.
Aquí se poden ver os proxectos en marcha en Honduras na actualidade, incluindo os do programa de Defensa e Promoción do Dereito Humano á Auga.
EN MOZAMBIQUE
Dende 2022 entramos a colaborar no proxecto AquaMoz, Secara 3ª Fase. Este proxecto é continuidade das anteriores accións desenvolvidas por Augas de Galicia e a Universidade de Coruña no marco da xestión da seca en Mozambique (que se prolonga xa dende hai 10 anos). O proxecto pretende contribuír, no marco da loita e prevención contra os efectos do cambio climático, á mitigación dos impactos dos eventos de seca en Mozambique, fortalecendo ás Administracións Rexionais de Augas de Mozambique (Aras) coa experiencia da xestión dos recursos hídricos en Galicia como referencia. ESF asumirá o rol de socio líder para potenciar as relacións entre a administración da auga e a sociedade civil.
Aquí se pode ver máis info do programa, e neste enlace se pode seguir o día a día do que vaia pasando nel.
DESDE GALICIA
Outras actividades desenvolvidas:
- Investigación realizada co Centro de Estudos de Xénero de Feministas da Universidade da Coruña sobre auga e xénero Galicia-Honduras, específicamente sobre o papel das mulleres na gobernanza da auga nas Xuntas Veciñais de Auga.
- Obradoiros en concellos galegos sobre Dereito Humano á Auga.
- Investigación realizada co Laboratorio de Enxeñería Cartográfica (cartoLAB) da Universidade da Coruña sobre transparencia e participación na xestión local da auga en Galicia, na área do Concello da Coruña e zona metropolitana.
- Actualmente estamos cun Mapeo do estado da xestión do abastecemento da auga nos concellos de Galicia, en colaboración con Ecoloxistas en Acción e o cartoLAB da Universidade da Coruña
- Tamén organizamos faladoiros sobre DHA en entornos de educación formal (universidades, sobre todo en escolas técnicas, e centros de ensino secundario) e non formal, coa perspectiva de cidadanía global que nos dan os nosos programas internacionais.