Un pouco de historia
- A asociación constituiuse na Escola de Telecomunicación de Vigo o 15 de maio de 1993, e en pouco tempo integrouse na Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras
- O 13 de novembro de 1995 inscríbese no rexistro galego de asociacións
- En 1996 fundáronse as sedes de Lugo e A Coruña
- En 1997 realízase o primeiro proxecto internacional, que foi en Guatemala
- No curso 2001-2002 empezouse a impartir a materia de Introducción á Cooperación ao Desenvolvemento, impulsada e impartida por Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
- En 2004 coménzase a traballar en cooperación internacional cun enfoque a medio prazo, en El Salvador (até 2008) e os campamentos de refuxiados saharauis en Alxeria (até 2007), co Dereito á Auga como fío conductor
- En 2004 fúndase a sede de Santiago de Compostela
- Tamén en 2004 da comezo o Programa de Coñecemento da Realidade de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, que continúa na actualidade (e do que se fixo unha avaliación en 2016).
- En 2006 iníciase un programa de traballo en Nicaragua, que duraría até finais de 2010, o primeiro co desenvolvemento rural e a soberanía alimentaria como fío conductor
- Tamén en 2006 se organiza a primeira edición dos cursos de Introdución á Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na USC (simultáneamente en Lugo e Santiago de Compostela), con recoñecemento académico (que tiveron varias edicións)
- En abril de 2007 procédese á contratación da primeira persona liberada na historia de la asociación (secretaría administrativa)
- En decembro de 2007 se procede á contratación da segunda persoa liberada (persona técnica de proxectos)
- En 2007 apróbase a primeira planificación estratéxica de la asociación (2008-2012). Actualmente está vixente a 4ª
- En 2008 coménzase a traballar en cooperación internacional con enfoque de programas a longo prazo (máis de 4 anos), en Honduras (onde aínda se continua o traballo), e se contrata á primeira persoa expatriada propia, aínda que xa se contara cunha expatriada que se compartía con ESF Catalunya en El Salvador. O sector prioritario era o de Dereito Humano á Auga.
- En 2010 ábrese tamén en Honduras o programa de desenvolvemento rural e pesqueiro, que posteriormente pasaría a denominarse de soberanía alimentaria e defensa do territorio (e continúa na actualidade)
- En 2017 se consigue financiación da Agencia Española de Cooperación al Desarrollo por primeira vez nun proxecto en solitario
- En 2019 impúlsase a creación da rede Artigo9Tech e o primeiro proxecto que dará lugar ao programa de Mulleres Bravas
- En 2021, comeza o traballo máis sistemático na educación secundaria galega que cristalizará no programa Hackers Sen Fronteiras
- En 2022 ESF entra no consorcio de traballo en Mozambique de Augas de Galicia e Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Misión
ESF é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado transformador, que busca contribuír á construción colectiva dunha sociedade mundial xusta, crítica e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e o uso da tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano e o ben común
Visión
En 2024, en ESF somos máis persoas activistas e críticas, preocupadas polas persoas e polo seu entorno, que continuamos aprendendo arredor da influencia das nosas accións no mundo e nos implicamos activamente na creación de propostas para a construción colectiva dunha cidadanía global solidaria.
- Seguimos apostando de xeito prioritario por un voluntariado transformador
- Traballamos con persoas organizadas que constrúen e defenden os Dereitos Humanos
- Esforzámonos cada día por ser unha organización feminista que pon os coidados e ás persoas no centro
- Promovemos un modelo de desenvolvemento ambiental e socialmente sostible e respectuoso coa cultura e a autonomía dos pobos
- Distinguímonos pola autocrítica e mellora continuas, a calidade das nosas accións, a transparencia e a coherencia institucional
Principios e Valores
-
ESF BASÉASE NO VOLUNTARIADO TRANSFORMADOR
Entendemos que as persoas voluntarias son axentes de transformación social para cambiar o mundo. Búscase que persoas diversas conformen un voluntariado tamén diverso, con distinto grado de implicación e participación, de acordo as posibilidades e circunstancias vitais de cada persoa, pero comprometidas cos obxectivos da asociación. Para ESF, o voluntariado transformador ten que ver con crecemento, cambio, (in)formación, principios e valores, co-responsabilidade, activismo, coidados, crítica, compromiso, alegría e empatía.
-
SOMOS UNHA ORGANIZACIÓN ACONFESIONAL, APARTIDISTA E POLITIZADA.
ESF non está asociada a ningunha organización política nin relixiosa, aínda que consideramos que a participación política de cidadáns e organizacións é a principal vía para acadar o desenvolvemento humano.
-
CREEMOS NO ASOCIACIONISMO, O TRABALLO COLECTIVO E EN REDE
Consideramos que o traballo colectivo é bo sen si mesmo, xa que se promove a colaboración e se visibilizan xeitos de conseguir un mundo mellor tamén no propio proceso. Sen obviar espazos de traballo e activismo individuais, ESF promove o asociacionismo e tamén a colaboración con outras organizacións máis aló da propia asociación.
-
PROMOVEMOS O PENSAMENTO CRITICO SEN SIMPLIFICACIÓNS E A ACCIÓN DIDÁCTICA E EN POSITIVO
Tratamos de dar luz sobre o que non se conta dende as canles maioritarias, e as causas profundas dos problemas contra os que se loita, para logo actuar segundo as nosas posibilidades, sen simplificacións que poden ser perigosas pero tratando de amosar estas problemáticas complexas de xeito comprensible e accesible a todo o mundo, co ben común e os dereitos humanos como guía.
-
CREMOS NO LIDERAZGO DOS AXENTES LOCAIS NOS SEUS PROCESOS DE DESENVOLVEMENTO
Traballamos contando coa participación, protagonismo e corresponsabilidade das persoas, comunidades, organizacións e institucións coas que colaboramos, como axentes de cambio que deseñan as intervencións adaptadas á súa propia cultura e contexto, co fin de acadar un desenvolvemento humano e sostible no que sexan os axentes locais quenes lideren e definan os seus propios procesos de desenvolvemento.
-
TEMOS UNHA CONCEPCIÓN INTEGRAL E HORIZONTAL DA COOPERACIÓN EXTERIOR.
Entendemos a cooperación como un intercambio de saberes e experiencias entre iguais, no que ESF participa como un axente máis neste intercambio, respectando o principio de non inxerencia e o modelo de desenvolvemento elixido polos axentes locais de cambio. Identificamos os factores sociais, económicos, técnicos, culturais, éticos, ambientais e políticos mediante equipos de traballo pluridisciplinares. Os plans de acción son integrais e perseguen efectos multiplicadores para garantir a súa continuidade unha vez rematada a cooperación exterior.
-
EQUIDADE DE XÉNERO E FEMINISMO
Consideramos imprescindible adoptar a perspectiva de xénero como eixo transversal e transformador en tódalas nosas accións (entendendo isto como o medio de acadar a equidade entre homes e mulleres), non só no deseño das mesmas, senón tamén no día a día da asociación e nas relacións entre as persoas que a forman. Para iso, tratamos de orientar as nosas actividades cara ao empoderamento da muller e a participación activa da sociedade para acadar a igualdade de oportunidades no acceso e control de recursos e beneficios e, en definitiva, á concienciación da existencia dunha fenda de xénero e á loita por reducila e eliminala. Así mesmo, consideramos necesario incluír de xeito transversal no noso traballo a educación e sensibilización dirixida a conseguir o respecto pola diversidade sexual e de xénero.
-
APOSTAMOS POLO INTERNACIONALISMO, A CREACIÓN DE PONTES ENTRE DIFERENTES CULTURAS E REALIDADES
Promovemos a interculturalidade entre a base social de ESF e a poboación en Galicia, e a poboación nos países de traballo, como medio para acadar un maior coñecemento de outras realidades e problemáticas que permitan un maior respecto e faciliten o entendemento e convivencia entre culturas, así como para identificar problemáticas comúns que xeren alianzas para a defensa dos dereitos humanos e procesos de transformación a nivel global.
-
DEFENDEMOS A TRANSPARENCIA
Defendemos a transparencia en todos os niveis do activismo, así como na xestión pública e privada. Incidimos na necesidade de que a información sexa pública e o coñecemento aberto, así como de promover unha comunicación con enfoque transformador, non victimizador, e respectando a dignidade das persoas e pobos sobre os que se informe.
- BUSCAMOS COHERENCIA E O BO GOBERNO NA ORGANIZACIÓN
Tentamos por todos os nosos medios que as accións que abordamos e o modo de tratalas (fondo e forma) vaian de acordo aos nosos principios. Ademais queremos levar a cabo as nosas accións con responsabilidade, calidade e realismo sobre o que queremos e podemos abarcar.
-
QUEREMOS POÑER ÁS PERSOAS E Á VIDA NO CENTRO
Os coidados das persoas e do noso entorno deben estar presente sempre como eixo central de todas as accións tanto no fondo (obxectivos das nosas accións) como no xeito de abordalas (organizativamente e de cara a relacións e traballo coas nosas colaboradoras). Tamén a defensa da vida e o que é necesario para mantela, incluíndo o noso planeta, terá un interese prioritario, en especial o que ten que ver co Cambio Climático.
Estatutos e Planificación Estratéxica
Para unha descripción máis pormenorizada da asociación pode consultar os Estatutos de Enxeñería Sen Fronteiras 2023 e a Planificación Estratéxica 2020-2024 da asociación (ou a versión resumida en formato infografía).
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!