Formulario

Os socios e socias de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia son persoas que comparten uns mesmos principios e unha forma de entender a cooperación ao desenvolvemento, independentemente dos seus estudos previos ou a súa actividade profesional. Poden apoiar economicamente a ESF Galicia mediante cuotas, e/ou colaborando co seu tempo. As persoas socias reciben as revistas e boletíns da asociación, ademais de convocatorias a cursos, conferencias e outros actos. Asimesmo, as persoas socias son convocadas ás Asembleas da asociación, máximo órgano de toma de decisións. Soen convocarse dúas extraordinarias cada ano (ás que chamamos Xuntanzas, unha en primavera e outra en outono, que soen facerse coincidir con formaciónes e encontros informais da base social), e unha ordinaria (no primeiro semestre do ano, para a aprobación das contas do ano anterior).

Indicar a cantidade total anual (a cuota reducida mínima son 40 euros/ano, pero se podes chegar aos 80 euros/ano da cuota ordinaria, xenial! E se queres e podes aportar máis, sería un gran apoio para a asociación).

Para realizar o pago por domiciliación bancaria, a que máis nos simplifica a xestión, completar a información que se solicita a continuación

Autorización tratamento datos:

De acordo co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) que regula o dereito de información na recollida de datos de carácter persoais, os datos obtidos directamente polo interesado ou por un terceiro, entrarán a formar parte de ficheiros parcialmente automatizados inscritos na Axencia Española de Protección

de Datos titularidade de ENXEÑERIA SEN FRONTEIRAS GALICIA, con CIF G36774271, a partir de agora Responsable do Ficheiro.

A finalidade dos devanditos ficheiros é Xestión de contactos con diversos titulares, xestións varias de: asociados / persoal voluntario / financiadores; control de traballos realizados, realización de orzamentos e facturas de servizos / produtos; cumprimento de obrigacións contables e fiscais; xestión laboral e outras xestións cos traballadores, xestión de eventos, xestión de arquivos multimedia.

Garántese a adopción de todas as medidas de seguridade que garanten a confidencialidade dos datos e están reguladas no RD 1720/2007 que regula a LOPD. Segundo autoriza a LOPD poderán cederse datos do ficheiro Voluntariado a encargados de tratamento e outros destinatarios de datos para o cumprimento das obrigacións contables e/ou fiscais do Responsable do ficheiro. Calquera outra cesión que que non estea legalmente prevista deberá ser autorizada. Pódense exercitar os dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición, a través dun escrito (achegando fotocopia do DNI) dirixido a ETSE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS. CAMPUS DE ELVIÑA S/n, 15071- A Coruña (A Coruña) ou correo-e a info@galicia.isf.es

Outros tratamentos:

A xestión de imáxenes inclúe: a publicación / distribución de fotos, vídeos e outros arquivos multimedia en páxinas web, blogues, folletos publicitarios, notas ou reportaxes de prensa baixo a responsabilidade de ENXEÑERIA SEN FRONTEIRAS GALICIA. A finalidade desta publicación / tratamento é a de PUBLICITAR as actividades/eventos da entidade, non comercial.

 SE ACEPTA que a imaxe do titular sexa tratada co devanditos fin, marque a caixa de verificación.