Posts

ESFRadio. Un tema de ESFGalicia: A terra non se vende, deféndese! Mulleres Bravas

Grazas ao proxecto de Mulleres Bravas, impulsado por Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras, estamos dando a coñecer os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos industriais e extractivos en Honduras e Galicia, así como alternativas sustentables, e as loitas das mulleres defensoras da terra por acadar outro xeito de producir.

Estes días nos visitan en Galicia tres activistas hondureñas: Karina, Adolfina e Coralia. Falamos con elas, e tamén con Belén, de Salvemos Catasós, e Maite, de Plataforma Eólicos Así Non, sobre activismos ambientais e de defensa da terra e o territorio, e do papel das mulleres nestes activismos.

Idioma: presentación en galego, entrevista en castelán

Duración: 21min 59seg

Produce: Jorge Lama

Guión: Jorge Lama, Patricia Iglesias, Sergio Fernández

Presenta: Patricia Iglesias

Eolicos nas Reservas

ESFRadio: Eólicos vs Biosfera

Segundo programa do formato de ESFRadio “Un tema de ESF Galicia”, que estreamos este 2022. Son programas que esperamos sacar unha vez ao mes onde afondar nun tema que nos interese, dando a coñecer actividades que facemos en ESF Galicia relacionadas co mesmo.

Este mes o tema é “Eólicos vs Biosfera“, e o encadramos dentro do noso proxecto Mulleres Bravas. Coas nosas invitadas, tocamos a problemática da extensión sen control dos parques eólicos, seguindo un modelo extractivista en vez de aproveitar o seu potencial descentralizador e máis sustentable para avanzar nunha transición enerxética xusta. Neste caso, centrarémonos no impacto destes parques nas reserva da biosfera de Galicia. Tocaremos ademais temas máis técnicos de “trampiñas” para fragmentar parques de xeito que sexan máis sinxelos os trámites de avaliación de impacto ambiental. Tamén falaremos da Alianza Energía y Territorio, onde a poboación afectada por este descontrol eólico se agrupa para alzar a voz. ESF acaba de adherirse á Moratoria científica Reservas de la Biosfera promovida por esta alianza.

Para iso, falamos con:

Pódese escoitar en Spotify e tamén aquí:

Produción e montaxe: Jorge Lama

Narración e entrevista: Marc Romero

Guión: Carmen Molejón

Imaxe desta nova sacada do Informe Macroeólicos Galicia, de MonferoDiNon