Aquí podes ver os vindeiros eventos nosos ou de organizacións/persoas colaboradoras. Se non te queres perder ningún, podes unirte á nosa canle de telegram. Se queres máis información dalgún dos eventos, escrebe a info[arroba]galicia.isf.es

MAIO

  • Sábado 24 de maio. 16h. Repair Café no Casino de Carballo
  • Domingo 25 de maio. Feira de sementes e plantóns tradicionais. Leboso (Forcarei), na Fundación Galicia Verde. Tamén teremos un espazo para presentar Enxeñería Sen Fronteiras
  • Martes 27 de maio. En liña. 17:30h, nesta sala. Formación sobre condicións de vida en Honduras.
    • contexto xeral do país
    • seguridade e saúde en terreo
    • proxectos de ESF no país

XUÑO

  • Sábado 7 de xuño. 10-14h. Repair Café en Covelo, dentro da feira de artesanía
  • Venres 13 de xuño. 10:30 a 12:30. Facultade de Informática A Coruña. Lab 03. Install Party e mantemento básico de equipos informáticos: dálles unha nova vida aos teus dispositivos. Coa nosa xente dos Bancos de Reciclaxe. AtlanticaConf2025. +INFO E INSCRICIÓNS
  • Venres 13 de xuño. 17-20h. Formación sobre condicións de vida en Honduras. Escola Técnica Superior de Enxeñería de Compostela.
  • Venres 13 de xuño. 19-20h. Facultade de Informática A Coruña. Aula 3.2. Debate sobre tecnoloxías para o ben común: deseño ético, reparación, reutilización… AtlanticaConf2025. Coa nosa xente dos Bancos de Reciclaxe. AtlanticaConf2025. +INFO E INSCRICIÓNS

PERMANENTE

Queres axudar a reducir o lixo electrónico e a fenda dixital?

🔧 Colabora reparando, doando, participando en charlas, ou impartindo formacións. Participa nos Bancos de Reciclaxe Electrónica con software libre da Coruña, Vigo e Ferrol, ou avísanos se queres montar algún outro, ou terías interese en unirte aos que estamos tratando de crear na ETSE de Compostela ou na ESEI Ourense.

  • Mércores de 16:30 a 20:00 na aula B011 da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo
  • Xoves ou venres (dependendo da semana) no Local de Enxeñería Sen Fronteiras da Escola de Camiños en A Coruña.
  • Venres pola tarde en Ferrol, no Edificio de Apoio ao Estudo. Avenida de Vigo s/n. Campus de Esteiro. 1.

Podes escribirnos antes para confirmar se esa semana estaremos por alí. Tamén colaboramos cos bancos municipais de Teo e Ames. Aquí podes ver os contactos de todos.