A verdadeira historia de Rodolfo

Despois de vagar durante anos polas tabernas de Galicia e contar as súas boas lembranzas a quen as quixera oír, Rodolfo, antiga estrela langostineira, sincérase por fin e conta a súa verdadeira historia nun escenario inmellorable, a taberna “O Camarón da Illa” (aínda que ao seu dono non lle fai moita graza, hai xa media hora que quería pechar…). Xa podedes coñecer algunhas das súas confesións!

Campaña para a promoción do consumo responsable de langostino

langostino-gal-web

cabecera13

avance_piscinasEstudo multitemporal de avance de piscinas para ceba de langostinos sobre ecosistemas de manglar no Golfo de Fonseca

Xunto co Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela elaborouse un estudo multitemporal do avance sobre unha zona de ecosistema de manglar do Golfo de Fonseca hondureño das piscinas artificiais extensivas para o cebado de langostino  (coñecidas en Centroamérica como camaroneras), empregando fotografía satelital, cun documento cos principais achados. Se se quere coñecer algo máis sobre o proceso de toma de datos, aquí pódense atopar detalles interesantes.

O estudo realizouse co obxectivo de investigar as tecnoloxías de teledetección como medio de realizar seguimientos precisos e accesibles (tanto en prezo como en recolleita de información) a calquera organismo con interese na protección dos ecosistemas de manglar e a denuncia das agresións aos mesmos, específicamente na zona do Golfo de Fonseca. O noso socio local, CODDEFFAGOLF, foi o impulsor, e contouse coa experiencia en teledetección do Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente desenvólvese unha segunda fase, baseada nos achados do estudo piloto, que pretende ampliar a área de estudo a todo o Golfo de Fonseca e mellorar a precisión ao determinar a presenza destas piscinas artificiais.

xunta-cooperacion-galega

logo_adt