En Honduras, “Tejiendo justicia, tejemos igualdad”
Dentro do programa de soberanía alimentaria que temos en marcha hai xa 10 anos, liderada pola organización CODDEFFAGOLF, iniciamos en 2018-2019, co apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, unha rama do programa que incide especialmente no traballo por reducir a fenda de xénero nos 7 concellos da Mancomunidade NASMAR. Para iso apoiamos dúas grandes áreas de traballo:
- Por un lado, traballo de fortalecemento das xa existentes Oficinas Municipales de la Mujer dos 7 concellos da NASMAR, para o cal contamos co respaldo da equipa técnica da NASMAR, e implicacións en diferente nivel das respectivas equipas de goberno municipal (non se recibe igual o traballo neste eido en todas as alcaldías, depende moito da sensibilización previa das persoas responsables do goberno local).
- Por outro lado, traballo con grupos de mulleres productoras de base, incluíndo fondos rotatorios (microcréditos), formacións e apoio técnico e de materiais. Nesta área se encadra a campaña “Tejiendo justicia, tejemos igualdad”.
A campaña pretendou visibilizar o empoderamento das mulleres que se vai conseguindo co programa, xenerando material baseado en historias de vida, infografías e outro material divulgativo. Aquí podedes ver un vídeo onde distintas participantes nesta campaña contan a súa experiencia
A continuación material baseado en historias de vida de mulleres e homes participantes no programa, en distintos formatos (stickers, postais ou pósters)
Por último, tamén queremos compartirvos algunhas das infografías dos distintos temas que se tratan nas formacións e obradoiros (tamén dirixidas a homes)