Ante
a declaración de estado de alarma por parte do Goberno Estatal, ESF
decidiu:
- Suspender as actividades públicas, seminarios e eventos.
- Evitar as reunións presenciais.
- Facilitar que a equipa se organice de maneira flexible para que as persoas poidan traballar desde casa.
- Facer un seguimento próximo e continuo á situación do persoal local que traballa aló. Tamén se fará seguimento ao persoal internacional desprazado en Honduras, pero non se propuxo a repatriación obligatoria, se ben asumimos que será moi probable que haxa tempo de corentenas (Honduras foi dos primeiros países do C4 en empezar con medidas de control).
- Suspender a actividade presencial das persoas voluntarias nas sedes, promovendo encontros virtuais e animando a innovación con ideas adaptadas a esta situación.
- Manter as cuotas de todas as persoas socias, da mesma forma calquera persoa socia pode solicitar que non se lle cobre a mensualidade correspondente a marzo e abril.
Seguimos
traballando e atendendo de maneira non presencial. O
mellor xeito de
contactar
con ESF
estes días é
por email: info@galicia.isf.es
Seguimos comprometidas coas participantes nos nosos programas:
Seguimos
con atención a evolución da pandemia en Honduras. Nestes momentos
non deixaremos de estar pendentes por que se manteñan os compromisos
e a axuda económica internacional, traballando pola flexibilización
dos prazos e a adaptación ás condicións actuais de traballo en
Galicia e Honduras. Polo tanto, segue o noso apoio ás nosas socias
en Honduras nos proxectos de cooperación internacional.
Cidadanía solidaria e co-responsable:
Sumámonos a todas as medidas que contribúan a previr a propagación do virus e animamos a seguir as recomendacións dadas polas autoridades en cada momento, xa que están encamiñadas a frear os picos de contaxio que poidan saturar os servizos sanitarios. Pensamos que dada esta situación de pandemia, pode ser unha oportunidade para construír sentimento e identidade de cidadanía global traballando solidariamente dende o noso entorno e dende o desenvolvemento endóxeno e a soberanía dos pobos.
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia