Posts

ESF Galicia ante a crise por Coronavirus COVID-19

Ante a declaración de estado de alarma por parte do Goberno Estatal, ESF decidiu:

  • Suspender as actividades públicas, seminarios e eventos.
  • Evitar as reunións presenciais.
  • Facilitar que a equipa se organice de maneira flexible para que as persoas poidan traballar desde casa.
  • Facer un seguimento próximo e continuo á situación do persoal local que traballa aló. Tamén se fará seguimento ao persoal internacional desprazado en Honduras, pero non se propuxo a repatriación obligatoria, se ben asumimos que será moi probable que haxa tempo de corentenas (Honduras foi dos primeiros países do C4 en empezar con medidas de control).
  • Suspender a actividade presencial das persoas voluntarias nas sedes, promovendo encontros virtuais e animando a innovación con ideas adaptadas a esta situación.
  • Manter as cuotas de todas as persoas socias, da mesma forma calquera persoa socia pode solicitar que non se lle cobre a mensualidade correspondente a marzo e abril.

Seguimos traballando e atendendo de maneira non presencial. O mellor xeito de contactar con ESF estes días é por email: info@galicia.isf.es

Seguimos comprometidas coas participantes nos nosos programas:

Seguimos con atención a evolución da pandemia en Honduras. Nestes momentos non deixaremos de estar pendentes por que se manteñan os compromisos e a axuda económica internacional, traballando pola flexibilización dos prazos e a adaptación ás condicións actuais de traballo en Galicia e Honduras. Polo tanto, segue o noso apoio ás nosas socias en Honduras nos proxectos de cooperación internacional.

Cidadanía solidaria e co-responsable:

Sumámonos a todas as medidas que contribúan a previr a propagación do virus e animamos a seguir as recomendacións dadas polas autoridades en cada momento, xa que están encamiñadas a frear os picos de contaxio que poidan saturar os servizos sanitarios. Pensamos que dada esta situación de pandemia, pode ser unha oportunidade para construír sentimento e identidade de cidadanía global traballando solidariamente dende o noso entorno e dende o desenvolvemento endóxeno e a soberanía dos pobos.

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia