Ven coñecernos este sábado 24 de marzo ao Salón do Marco

Falaremos de como colaborar de xeito colectivo para poñer a tecnoloxía ao servizo das persoas, de como o facemos en ESF, e como o fai o resto da xente que se acerque. Seguro que se pode impulsar algunha actividade ben interesante neste eido dende Vigo. Dende o “hacking for good” á loita contra a pobreza enerxética ou doutros servizos básicos como auga, pasando pola soberanía alimentaria ou a electrónica ética, bioconstrución ou movemento maker. Acércate!

Seleccionadas para o Programa de Coñecemento da Realidade 2018

Estas son as persoas seleccionadas para as 3 prazas do Programa de Coñecemento da Realidade de ESF Galicia 2018 en Honduras. Este ano, unha vez máis, a cousa foi complicada para o comité de selección. Grazas a todas as que fixéstedes o esforzo de presentarvos! Aínda que non resultarades seleccionadas, esperamos que vos acerquedes á formación da vindeira finde (e, se queredes, participedes nalgún dos grupos de voluntariado de ESF!).

  • PRAZAS NO PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO DEREITO HUMANO Á AUGA:
    Miño Guerreiro Rodríguez
    Uxía Brasa Pérez-Coleman
  • PRAZAS NO PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO DEREITO Á ALIMENTACIÓN E SOBERANÍA ALIMENTARIA
    Cristina Vidal Suárez

PARABÉNS!!!

Se queres saber máis deste programa aquí tes información

Formación “Activismo, outras realidades e tecnoloxía para o desenvolvemento”

A continuación pódese ver o programa da formación que temos preparada para as persoas que participarán no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) de ESF, e que queremos abrir a todos os públicos. Vai ser ben potente!! Ideal para formarse en temas de cooperación e/ou se queres coñecer máis sobre ESF Galicia.

Lugar: Será en A Coruña., na Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. Sala de Xuntas.

Datas: sábado 17 de marzo, de 9:45 a 14 y de 16 a 20. Domingo 18 de marzo de 10 a 14 e 16 a 17:15

Entrada libre

SÁBADO 17 marzo

  • 9:45-10:00- PRESENTACIÓN (do curso, das participantes, enquisa de coñecementos previos)-
  • 10:00-10:30- QUE É ESF? (Voluntariado transformador, organización, toma de decisións, asamblea, xuntanzas, como entendemos a cooperación, liñas de traballo …)
  • 10:30-11:00- PROGRAMA DE COÑECEMENTO DA REALIDADE (En que consiste o programa e o seu obxectivo, explicar a convocatoria, fases e o que se espera das PCRs, resolver dúbidas)
  • 11:00-13:20- COÑECENDO O TRABALLO DE ESF

    • 11:00-11:20- Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e a emancipación (concepto e traballo de ESF nesa liña)
    • 11:20-11:50- Educación para a cidadanía global e a emancipación (concepto e traballo de ESF nesa liña)
    • 11:50-12:20- DESCANSO
    • 12:20-12:40- Dereito humano á auga (concepto e traballo de ESF nesa liña)
    • 12:40-13:00- Soberanía alimentaria (concepto e traballo de ESF nesa liña)
    • 13:00-13:20- Soberanía dixital (Software libre)
  • 13:20-14:00- FORMACIÓN EN XÉNERO
  • 14:00-16:00- COMIDA
  • 16:00-16:40- COMUNICACIÓN (canles de comunicación en ESF, canles que usarán as PCR: telegram, lista de correo, blogue, facebook, nube PCR para colgar fotos e outros doc; outros comunicación)- 
  • 16:40-17:40- CONTEXTO HONDURA
  • 17:40-18:00- DESCANSO
  • 18:00-19:00- SEGURIDADE E SAÚDE EN HONDURAS
  • 19:00-19:40- CONSELLOS ANTE O CHOQUE CULTURAL
  • 19:40-20.00- LOXÍSTICA (resolver dúbidas sobre aloxamento, comidas, roupa, diñeiro, cando un viaxa fora, parándose moito máis no caso de Honduras)
DOMINGO 18 DE MARZO
  • 10:00-11:30- CICLO DO PROXECTO E MÉTODOLOXÍA DO MARCO LÓXICO
  • 11:30-12:10- FORMACIÓN ESPECÍFICA PROGRAMA INTERNACIONAL DE ESF EN HONDURAS DE PROMOCIÓN DO DEREITO HUMANO Á AUGA ( Contidos mínimos: antecedentes da actuacións, principais liñas de acción, socias locais, proxectos en execución na actualidade)
  • 12:10-12:30- DESCANSO
  • 12:30-13:10- FORMACIÓN ESPECÍFICA PROGRAMA INTERNACIONAL DE ESF EN HONDURAS DE DEREITO Á ALIMENTACIÓN CON ENFOQUE DE SOBERANÍA ALIMENTARIA ( Contidos mínimos: antecedentes da actuacións, principais liñas de acción, socias locais, proxectos en execución na actualidade)- 
  • 13:10-14:00- EXERCICIO PRÁCTICO: REDES SOCIAIS PARA O ACTIVISMO, PUBLICACIÓN EN REDES
  • 14:00-16:00- COMIDA
  • 16:00-17:00- CHARLA PCR, EXPERIENCIA DO ANO PASADO
  • 17:00-17:15- AVALIACIÓN DO CURSO

Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2018

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Xa van máis de 20 anos desde as primeiras xornadas “Introdución a Cooperación para o Desenvolvemento” e 18 desde que esas xornadas se convertesen nunha materia oficial da UdC, a materia Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil. Desde o pasado día 2 de Febreiro e ata o vindeiro 4 de maio estarase a impartir na Escola de Camiños da Universidade da Coruña, aqpodes consultar o programa. Se hai algún día que vos interese, a entrada é libre ata completar aforo, anímate! En febreiro, ademais, organizamos unha formación sobre ESF en A Coruña, e puidemos aprender sobre pobreza enerxética en Vigo e Santiago grazas á ODS Coia e a María, de ESF Catalunya.

 


BLOGUE HONDURAS

    Marzo para Berta! Cúmprense 2 anos do seu asasinato, 2 anos de impunidade, 2 anos sen atopar xustiza. Os vindeiros 2 e 3 de marzo convocáronse accións globais e xornadas de loita e resistencia en Honduras esixindo xustiza e a captura dos autores intelectuais. Berta Cáceres semente de liberdade!

   
    Durante marzo se estarán a executar as actividades dos 5 proxectos para os que se acadou financiación en 2017. No programa de defensa do dereito humano á auga no sur de Honduras:

  • o proxecto financiado por Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (Fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública de calidade en proxectos de abastecemento de auga a comunidades rurais, nos 7 municipios da mancomunidade Nasmar),

  • outro coa Deputación da Coruña (Infraestruturas para mellora do autoabastecemento enerxetico para o acceso a auga no sur de Honduras, comunidades de El Fortín e Piedra Parada, municipio de El Triunfo), que rematará en abril,

  • un terceiro co Concello de Santiago de Compostela (Proxecto de mellora das capacidades do municipio de El Triunfo (Honduras) para a xestión pública da auga con transparencia e rendición de contas).

No programa de soberanía alimentaria e desenvolvemento rural:

  • estase a iniciar o proxecto de Fortalecimiento de Organizaciones de Sociedad Civil para la defensa de los DDHH y derecho al medio ambiente en el Golfo de Fonseca, Honduras, que conta con financiación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

  • continúase coa segunda anualidade do proxecto financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia Proxecto de fortalecemento das capacidades de INCIDENCIA POLÍTICA E XERACIÓN DE ALTERNATIVAS PRODUTIVAS SUSTENTABLES de organizacións da sociedade civil vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala en 7 municipios costeiros da Rexión 13 – Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio.

ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

 

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

  • 6 de marzo: participaremos nunha xornada para facer achegas ao novo Plan Director da Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
  • 27 a 29 de abril: Xuntanza da Base Social de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Celebraremos o XXV aniversario da asociación con moitas sorpresas!! Pronto saberemos lugar e programa

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

“As cooperativas son empresas que traballan con capital, pero non para o capital”
Tino Gago (http://espazo.coop)