Boletín Oficial ESFeiro: febreiro 2024

    O vindeiro mes de febreiro celébranse as eleccións en Galicia. Dende a Coordinadora Galega de ONGD, da que formamos parte, saíron cinco propostas para o futuro da cooperación galega, que quixemos que os partidos incorporaran no seu programa. Queremos unha Galicia solidaria que aposte por un modelo sostible dende o local para o global, […]

Empezan en Honduras os ensaios de cultivo de bivalvos en bolsas ou pochones

No proxecto Mejora de la actividad marisquera en el Golfo de Fonseca, Fase 1, que se está a desenvolver en Honduras xunto coa asociación CODDEFFAGOLF e financiado pola Cooperación Galega, están empezando cos ensaios de cultivo en bolsas de malla (pochones) para engorde de moluscos bivalvos. Estes ensaios, que se están a realizar en Amapala, […]

Peche do ano en Mozambique

Durante 4 semanas, do 20 de novembro ao 18 de decembro, Manuel Álvarez, o técnico en hidroloxía do programa AquaMoz, estivo de visita técnica en Mozambique traballando, fundamentalmente, en Maputo e en Tete cos técnicos das Administrações Regionais da Áuga (ARA) Sul e Centro respectivamente. A viaxe centrouse, principalmente, no fortalecemento das capacidades dos técnicos […]

Aberto prazo para solicitar Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades. PCR 2024

Como cada ano por estas datas, abrimos o prazo para solicitar unha das 3 prazas do noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (ao que chamamos agarimosamente PCR). Trátase dunha experiencia inmersiva de educación para a cidadanía global, coñecendo o traballo nos proxectos que apoiamos no sur de Honduras, coas organizacións hondureñas coas […]

Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2024

Se prefires a versión podcast resumida deste boletín, aquí podes escoitala. CONTIDOS VIDA ASOCIATIVA     Decembo veu movidiño. Xunto a máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais, apoiamos o manifesto rexeitando a Axenda Mineira da Xunta por criminalizar a sociedade civil. Dende o noso grupo de masculinidades alternativas (micromachiños) nos recomendan o libro: El […]

Encontro Hackers Sen Fronteiras de alumnas de secundaria

Este encontro tivo lugar o 12 decembro 2023 na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, no marco do proxecto Hackers Sen Fronteiras, que se levaba xa dende mediados de 2022 desenvolvendo. A organización levouse a cabo por Enxeñería sen Fronteiras da man con facilitación de Rexenerando. O grupo […]