Hazte Socio/a

Ingeniería Sin Fronteras

Os socios e socias de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia son persoas que comparten uns mesmos principios e unha forma de entender a cooperación ao desenvolvemento, independentemente dos seus estudos previos ou a súa actividade profesional. Poden apoiar economicamente a ESF Galicia mediante cuotas, e/ou colaborando co seu tempo. As persoas socias reciben as revistas e boletíns da asociación, ademais de convocatorias a cursos, conferencias e outros actos. Asimesmo, as persoas socias son convocadas ás Asembleas da asociación, máximo órgano de toma de decisións. Soen convocarse dúas extraordinarias cada ano (ás que chamamos Xuntanzas, unha en primavera e outra en outono, que soen facerse coincidir con formaciónes e encontros informais da base social), e unha ordinaria (no primeiro semestre do ano, para a aprobación das contas do ano anterior).

Se queres asociarte a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, podes solicitalo cumplimentando un formulario ao efecto (en editable ou pdf). Ademais, hai que cumplir polo menos unha das dúas condicións seguintes:

  • Ser persoa voluntaria da asociación (co compromiso de voluntariado asinado)
  • Aportar unha cuota anual (actualmente o mínimo son 40 €/ano para persoas estudantes sen ingresos, ou desempregadas, e 80€/ano o resto).

Se hai algún cambio nos datos persoais da persoa socia, ou na cuota a pagar, habería que comunicalo enchendo un formulario (o tes en editable ou pdf).

Nos dous casos (tanto para nova persoa socia, como para cambio de datos), o formulario enchido hai que envialo a ESF Galicia por unha destas tres vías:

– Correo postal a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ETS de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. Campus de Elviña. 15071. A Coruña.

– Vía fax 981167170 a nome de Enxeñería Sen Fronteiras.

– Por correo electrónico a info[arroba]galicia.isf.es (serve envialo enchendo o formulario en editable coa sinatura dixital, ou escanealo se a sinatura é en físico).