Cando nos falan dos Dereitos Humanos, moitas veces pensamos en cousas intanxibles, cousas como a vida digna, a liberdade ou a seguridade. Por iso, e sobre todo na sociedade actual, cunha gran carga materialista, pode ser difícil de entender que a auga sexa un Dereito Humano que cumpla todas as propiedades dos mesmos, como a non posibilidade de mercantilización.

Foi no ano 2010 cando se recoñece o Dereito Humano á Auga na Asemblea xeral das Nacións Unidas:

Recoñece que o Dereito a auga potable e o saneamento é un Dereito Humano esencial para o pleno disfrute da vida e de todos os Dereitos Humanos”

Este feito foi significativo, aínda que cabe destacar que esta resolución das Nacións Unidas non é vinculante para os Estados, é dicir, non teñen por que cumplila.

Enxeñería Sen Fronteiras, como asociación que traballa no eido da tecnoloxía para as persoas, ten o dereito á auga como un dos seus eixos de traballo, con experiencia tanto en España como noutros países como El Salvador, os campamentos de refuxiados saharauis en Arxelia ou Honduras, e participa a través da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras en redes que promoven unha maior transparencia e bo goberno na xestión da auga en todo o mundo. Aquí se pode ver o posicionamento de ESF Galicia en Dereito Humano á Auga.

Para promover o Dereito Humano á Auga, contamos na Asociación con varios grupos de voluntariado que traballan na temática. Os grupos de Educación para o Desenvolvemento e Incidencia Política, que desenvolven actividades no ámbito nacional, tanto de campañas de sensibilización, como de organización de faladoiros ou xornadas, así como de labouras de influencia nas actoras políticas con capacidade lexislativa.

O grupo de Auga-Honduras, que se encarga de facer seguimento do Programa Internacional de Cooperación para o Desenvolvemento no eido da Promoción do Dereito Humano á Auga. Entre 2004 e 2008 os desenvolvimos en El Salvador e nos campamentos de refuxiados saharauis en Alxeria. Dende 2007 á actualidade o facemos en Honduras (aquí podes ver cousas sobre o día a día do mesmo) nos departamentos de Valle e Choluteca. Os proxectos activos da Asociación neste eido serían os seguintes:

  • Proxecto de mellora das capacidades do municipio de El Triunfo (Honduras) para a xestión pública da auga con transparencia e rendición de contas
    FINANCIADOR: Concello de Santiago de Compostela
  • “Fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública de calidade en proxectos de abastecemento de auga a comunidades rurais, nos 7 municipios da mancomunidade Nasmar”
    FINANCIADOR: Fondo Galego de Cooperación
  • “Infraestruturas para mellora do autoabastecemento enerxetico para o acceso a auga no sur de Honduras, comunidades de El Fortín e Piedra Parada, municipio de El Triunfo”
    FINANCIADOR: Deputación da Coruña
  • “Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras, FASE 4”
    FINANCIADOR: Xunta de Galicia

Outras actividades desenvolvidas a nivel nacional:

  • Investigación realizada co Centro de Estudos de Xénero de Feministas da Universidade da Coruña sobre auga e xénero Galicia-Honduras, específicamente sobre o papel das mulleres na gobernanza da auga nas Xuntas Veciñais de Auga.
  • Obradoiros en concellos galegos sobre Dereito Humano á Auga.
  • Investigación realizada co Cartolab da Universidade da Coruña sobre transparencia e participación na xestión local da auga en Galicia, na área do Concello da Coruña e zona metropolitana (que se quere ampliar a Honduras).