Posts

O IES Primeiro de Marzo de Baiona gaña o concurso de iniciativas didácticas de tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario

Como peche da primeira fase do proxecto de Hackers Sen Fronteiras, organizaramos un concurso de iniciativas didácticas por parte de profesorado de centros de ensino secundario para achegar a tecnoloxía para o ben común á súa comunidade educativa. A iniciativa gañadora veu do IES Primeiro de Marzo de Baiona, dende o departamento de tecnoloxía.

O IES Primeiro de Marzo é un instituto que acolle alumnado dos concellos de Baiona e Oia, a maioría da contorna rural.

Este curso procedeuse á actualización da aula de informática. Os ordenadores antigos que se van substituír son o obxectivo deste proxecto. Retiraranse os que están fallando continuamente e sobre os que hai incidencias continuas cada certo tempo, aproveitándose os compoñentes que funcionen ben (memoria, fonte de alimentación, etc.). Algúns equipos prepararanse para a súa instalación nos departamentos que o necesiten e os equipos restantes serán prestados ou doados ao alumnado con necesidades ou asociacións sen ánimo de lucro da contorna.

Está previsto que o alumnado de Dixitalización de 4ºESO proceda ao cambio dos ordenadores vellos polos novos equipos, previa exposición dos tipos de conectores e portos existentes, disposición, ventilación e normas de coidado xeral. Procederá tamén á verificación do correcto funcionamento, actualización e instalación de software (que será libre).

As actividades a desenvolver serán:

  • Reparación e actualización dos equipos
  • Difusión interna e instalación no centro
  • Difusión externa e préstamos

Deste xeito, búscase xerar un impacto social na comunidade impulsado dende o centro de ensino.

Taller de FreeBDS, software libre para autodefensa dixital

O pasado día 21 de xullo tivemos o 4º taller da serie de obradoiros de Autodefensa Dixital, que vén organizando o voluntariado do Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre da Coruña unha vez ao mes na Domus de A Coruña, onde nos acolle as compas de Bricolabs.

Desta volta, Jesús Manuel Mariño Valcarce falounos deste sistema operativo libre, co obxectivo de ver alternativas de sistemas GNU/Linux, ter unha primeira toma de contacto co sistema, a sú configuración, instalación de aplicacións, diferenzas con outros sistemas e, sobre todo, porque nos mola argallar con tecnoloxías libres e coñecer xente riquiña!

Aquí queda a presentación que utilizou Jesús Manuel, a quen agradecemos moito que compartira os seus coñecementos

Des-Googlización: Alternativas libres ás ferramentas de Google

Hai uns días tivemos o taller de des-googlización, para avanzar na soberanía dixital e a protección dos nosos datos. Queriamos dar alternativas libres ás ferramentas de google, que semellan terse convertido en imprescindibles (iso é o que queren que pensemos). A concentración de servizos (de calquera tipo) en poucas organizacións e cada vez maiores, aumenta a dependencia e favorece a opacidade dos procesos. Por iso, como parte do traballo con enfoque de Tecnoloxía para o Ben Común, se promove tanto o software libre como a tecnoloxía libre en xeral, e se optan sempre que sexa posible por servizos de gobernanza descentralizada cun maior control comunitario.

A continuación deixamos esta pequena publicación que o voluntariado de ESF recompilou co material do que se tratou no taller. Grazas a Jose, Sergio e Jorge!! Ah, e tamén deixamos unha recomendación bibliográfica, a novela O Círculo, de Dave Eggers, moi relacionada coas prácticas das grandes empresas que trafican cos datos.

DESCARGA: https://archive.org/details/alternativas-google-hibrido

Obradoiro de alternativas libres ás ferramentas de Google

Dentro do itinerario formativo de Autodefensa Dixital que deseñaron persoas do Banco de Reciclaxe con Software Libre da Coruña con apoio de Bricolabs, chega o segundo dos obradoiros.

O obradoiro leva o título Alternativas libres a ferramentas de Google. Se non queres depender de ferramientas que comercian cos teus datos como Google, existen solucións libres que se adaptan ben ás túas necesidades.

Será gratuito, inscribíndose aquí, e terá lugar o venres 14 de abril de 2023, de 18:30 a 20:30, na Domus da Coruña.

ESF en el Museo Nacional de Ciencia y Tecnología A Coruña

La UNESCO designó el 4 de marzo como Día Mundial de la Ingeniería para el Desarrollo Sostenible, fecha señalada para concienciar sobre el papel de la ingeniería para mitigar los efectos del cambio climático y avanzar en el desarrollo sostenible. El Museo Nacional de Ciencia y Tecnología A Coruña nos invitó a desarrollar una serie de actividades como entidad de referencia en este ámbito.

  • 11:00-13:00 h. Taller “Cacharreando en el ordenador ¡si no puedes abrirlo, no es tuyo!”. El Banco de Reciclaje mostrará cómo es el interior de un ordenador y a instalar software libre. Reflexionarán sobre los materiales de estos dispositivos, problemas sociales y ambientales en su ciclo de vida o sobre la electrónica ética como alternativa.
  • 11:00-13:00 h. Taller “Juegos de tecnología por los derechos humanos”. Sesión con el Grupo de Educación para la Transformación Social para trabajar conceptos de tecnología e ingeniería para el bien común y derechos humanos en el mundo: juego de cartas Cooperando, Risc energético, videojuego Tet-HR-is de derechos humanos…
  • 12:00 h.-13:00 h. Charla “Tecnologías inclusivas de bajo coste”. Charla y muestra de objetos sobre tecnologías de bajo coste para personas con movilidad reducida, especialmente dirigida a potenciales usuarios y su entorno o tecnólogxs interesadxs en colaborar. Grupo de Tecnoloxía Inclusiva de Enxeñería Sen Fronteiras e grupo de investigación Talionis – CITIC da Universidade da Coruña.
  • 13:00 h.-14:00 h. Charla “Tecnología en proyectos de cooperación internacional para el desarrollo”. Los Grupos de Proyectos de Cooperación Internacional hablarán sobre la aplicación de tecnología por el bien común: promoción del derecho humano al agua, alimentación y soberanía alimentaria o de amenazas vinculadas a la tecnología (extractivismo mineral o energético, sistemas agroindustriales, etc.).

Sábado 4, de 11:00 a 14:00 h. Entrada libre hasta completar aforo; en los talleres, participación según orden de llegada durante todo el horario indicado.

ACTIVISMO TECNOLÓXICO NAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS. TECNOLOXÍA PARA HACKEAR O SISTEMA (I)

A tecnoloxía que se emprega nas organizacións que pretenden ser transformadoras é moito máis importante para a súa misión do que se soe pensar. Tanto, que se non é axeitada ou non se emprega ben pode neutralizar esa transformación que se estaban perseguindo (ou, no peor dos casos, facer de Cabalo de Troia de produtos e prácticas indesexables).

Non falamos só das tecnoloxías que se empregan en proxectos de cooperación ao desenvolvemento ou en proxectos ambientais ou de inclusión social na nosa contorna (endóxenas, apropiadas, participativas, culturalmente aceptables, que non xeren dependencia nin intensifiquen as fendas de poder, sesgos de xénero, etc.). Tamén hai que ter en conta as que empregamos como parte das campañas de sensibilización, as redes sociais ou o propio día a día das organizacións (incluíndo a comunicación interna e a loxística máis básica).

Hai que empezar a transversalizar o activismo tecnolóxico nas organizacións e deixar de alimentar ao monstro. Non se pode negar que é complicado ser coherentes en todo (sobre todo a nivel persoal, pero tamén a nivel organizacións) pero, como xa dixo algún esfeiro, usar ferramentas de software libre no noso día a día da organización pode ser tan político como empregar produtos de comercio xusto ou de proximidade.

Pode parecer que, se empregamos esas tecnoloxías, non imos ser tan “produtivas” e vai haber que facer un esforzo de adaptación na nosa base social. Pero a coherencia non debería ser o prezo a pagar ante o resultadismo, porque precisamente ese resultadismo forma parte do problema. Sería tan incoherente como facer unha mesa redonda para falar sobre o dereito á auga ofrecendo auga embotellada ás relatoras, ou unhas xornadas sobre comercio xusto ofrecendo café das grandes marcas nos descansos.

Explorar na nosa acción transformadora eidos como a bioconstrución, as ferramentas de baixo custo e abertas, as solucións tecnolóxicas minimalistas (o pequeno é fermoso) e pouco complicadas, que impliquen traballo colectivo e que nos deixen bailar xuntas, é hackear o sistema que queremos mudar. E iso é precisamente porque estas características son o contrario do que o sistema hiperconsumista nos está a vender (todo máis grande, máis complicado, con tecnoloxías cada vez máis lonxanas e inalcanzables no seu manexo e mantemento, ademais de moito individualismo e “dereitos reservados”).

A tecnoloxía xa hai moito que deixou de ser un simple medio, unha ferramenta, para converterse nun suxeito político que, cada vez máis, será clave para acadar (ou non) un mundo solidario, cooperativo e que non deixe a NINGUÉN atrás. Temos que ser consciente dela para hackear o sistema (creando novas tecnoloxías que retroalimenten ese mundo colaborativo) ou, do contraio, estaremos facendo o contrario. Non hai neutralidade posible. Aquí funciona o de “se é gratis, entón o produto es tí”.

Se queres saber máis ou tes ideas sobre como facer este activismo tecnolóxico, sexas organización ou sexas unha persoa con inquietudes neste tema, contáctanos. Nun vindeiro post falaremos de exemplos concretos, estades atentxs!

Patrimonio e software libre na educación secundaria: mapatón no IES Castro da Uz, As Pontes.

Un Mapatón é unha reunión organizada de persoas para agregar datos a OpenStreetMap (que nos gusta definir como unha sorte de “wikipedia xeográfica” onde todo o mundo pode aportar). Este pode ser un proxecto para mellorar o mapa dunha área local, ou para a axudar ós equipos de resposta en terreo durante un desastre, ou un proxecto de mapas precisos para respostas humanitarias en curso ou futuras.
Esta actividade serveu para facer unha pequena aproximación á enxeñería civil, cartografía, Software Libre e Patrimonio Cultural para alunado de 4º de ESO do IES Castro da Uz, en As Pontes. A idea inicial era facela nunha xornada, cunha parte de mañá onde se fixera unha breve introdución á recollida de datos en campo e a propia saída a campo, e pola tarde o procesado e envorcado de datos. Finalmente, por cuestións climatolóxicas, houbo que facer a parte de saída de campo o 2 de xuño, e o procesado de datos o 7 de xuño.

Levouse a cabo unha formación en ferramentas de edición de mapas libres, especificamente OpenStreetMap e, como nun traballo real, na saída fíxose unha recollida de datos no terreo, ademais de ter a oportunidade de coñecer mais sobre os distintos elementos do patrimonio cultural que se poden observar nas parroquias pontesas de San Xoán do Freixo e de Somede.


Despois da saída de campo, a sesión de edición e subida a rede OpenStreetMap de distintos fitos patrimoniais do entorno, serveu tamén para sensibilizar sobre a importancia do seu coidado e catalogación.


Sobre esta base fíxose incidencia na importancia e potencia da cooperación como ferramenta de desenvolvemento humano, aportando un exemplo práctico e real. Ademais, tamén se espera ter contribuído a aumenta o interese dos rapaces e rapazas polo voluntariado neste tipo de proxectos de coñecemento do entorno, a construción colectiva empregando ferramentas abertas e a promoción da cultura libre con datos públicos e accesibles (impulsando outro tipo de licenzas de uso, como poden ser as de Creative Commons).

Para coñecer o itinerario patrimonial realizado e outros detalles se pode consultar este guión.

Bancos de Reciclaxe Electrónica. Software Libre contra a fenda dixital

Cando se está cumplindo un ano do primeiro tele-obradoiro sobre darlle nova vida a vellos ordenadores, que logo desembocou na conformación do Grupo de Apoio Mútuo Dixital, queremos contarvos que a cousa seguiu rodando até conseguirmos montar un Banco de Reciclaxe Electrónica.

O Banco de Reciclaxe Electrónica ESFeiro botou andar no noso local na Escola de Enxeñería de Camiños no campus de Elviña (A Coruña) durante o mes de abril. Esperamos facer algúns obradoiros chulos de cacharreo nel, ademais de colaborar coa ONG Ecos do Sur para pechar a fenda dixital con familias que precisen máquinas e que ademais queiran aprender a cacharrear con GNU-Linux. De momento, contamos co apoio financeiro dunha subvención do IRPF da Xunta de Galicia, e o espazo que podedes ver na foto nunha esquiniña da nosa oficina. Se tes algún material informático que queiras doar e estar pola zona da Coruña (tamén recollemos puntualmente en Ourense), escrebe a

bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es

Ademais, se queres colaborar botando unha man revivindo equipos e aprendendo os fundamentos do “cacharreo”, tamén podes escreber!!

Outra boa nova é que tamén estaremos tamén apoiando un banco similar que se estivo formando en Vigo, na Escola de Telecomunicación, con persoas da asociación IEEE colaborando con ACCEM. Así que, se estás na zona de Vigo, podes contactar neste formulario.

Non nos esquecemos do decano destes bancos de reciclaxe con software libre, o que xestiona a asociación Aberteo, se estás na zona de Santiago de Compostela.

Se sabedes dalgún banco máis en Galicia deste estilo, onde o uso de software libre sexa innegociable, avisade!

FORA FENDA DIXITAL!!!!

Presentación Estratexia Galicia Dixital 2030 da Xunta de Galicia

Hoxe estivemos na presentación da Estratexia Galicia Dixital 2030 #EGD2030. Interésanos moito participar no deseño destas ferramentas estratéxicas, se ben aínda hai unha eiva na incorporación de organizacións do sector non lucrativo e dos DDHH nestes temas tecnolóxicos. Pero esa é precisamente o tema que nos apasiona, así que temos algunhas preocupacións con respecto a esta estratexia, que comentamos a continuación:

  • Contémplase como parte esencial da estratexia os #OpenData ou datos abertos (tamén nos xeográficos) dos levantados con fondos públicos?
  • Como se protexerá a privacidade das persoas (p.e. no eido sanitario)?
  • Vanse favorecer empresas locais e software libre, ou vaise seguir a apostar pola contratación de empresas que non deixen coñecemento no territorio?
  • Como se apoiará á tecnoloxía para as persoas (coas persoas e a vida no centro)?
  • Como se traballará a transparencia na contratación das empresas que implementen estes programas. Tratarase de buscar sempre que sexa posible alternativas endóxenas que realmente creen tecido xenerador de ideas e empregos en Galicia?
  • No Consello Asesor van estar entidades da sociedade civil con enfoque de dereitos humanos? Como se involucrán eses axentes sociais que se mencionaron? Como se incorporarán eses debates éticos?
  • No código ético desenvolvemento transformacion dixital galicia como se elaborará? Como se introduxeron os ODS e axenda 2030 neste plan?

Por todo isto, hai, para nós, unha serie de principios e valores que deberían sustentar a estratexia (non sabemos aínda se se explicitaron como tal na estratexia, pronto o veremos):

Transparencia, da que se derivaría os datos abertos e a participación de entidades da sociedade civil.

– Defensa da privacidade

Non deixar a ninguén atrás (e diso deriva a loita contra a fenda dixital, pero tamén a ética algorítmica que xenera, por exemplo, sesgos de xénero ou raza en moitas aplicacións).

Soberanía tecnolóxica e desenvolvemento endóxeno (ainda que falemos de comunicacións globais, seguir conectadas a terra, como se facía referencia falando da Xeneración Nós)

Sustentabilidade. Menos é máis, non todo son máis e máis megas e a dixitalización como fin en si mesmo. Deste tema vense reflexionando xa hai tempo en eidos como a soberanía alimentaria.

Galicia podería ser referente na implantación de valores de posta da dixitalización ao servizo de todas as persoas e do planeta. O presidente Alberto Núñez Feijóo fixo precisamente referencia de valores no seu discurso de clausura, falando da elaboración que se fará do Código Ético. Esperamos que non se convirta nun documento “descafeinado” e baleiro. Esperamos que para a súa elaboración se abran espazos para organizacións como a nosa.

É momento de falar de ética tecnolóxica, para facer fronte a problemas xa coñecidos como os sesgos na IA, tecnoloxía abertas á cidadanía para que se produza unha reapropiación tecnolóxica e a corresponsabilidade no seu uso, deixando de separar ás persoas usuarias do xeito de construír tecnoloxía e de xestionala, tanto no eido técnico como no da gobernanza da tecnoloxía e da súa implementación. A palabra persoas foi unha das máis mencionadas na presentación, quedámonos con iso polo momento.

Únete ao noso Grupo de Apoio Mútuo Dixital

Dende que organizaramos o “1º Tele-obradoiro de ESF: como darlle nova vida a vellos ordenadores para uso educativo de nenas e nenos”, xa tivo lugar outro máis e ademais vimos en constituir o que chamamos Grupo de Apoio Mútuo Dixital. É o xeito que se nos ocorreu para darlle continuidade a esta iniciativa, onde colabora xente de ESF e tamén doutros movementos como BricoLabs, así como persoas individuais que se acercan a aportar e a aprender. Calquera persoa, sexa cal sexa o su grao de coñecemento nestes temas informáticos, pode participar. Para empezar a participar é necesario simplemente enviar un mail a info[arroba]galicia.isf.es indicando o desexo de participar no Grupo de Apoio Mútuo Dixital.

Os obxectivos seguen a ser os mesmos que cando fixemos o primeiro tele-obradoiro. Eses ordenadores vellos que temos por casa pódennos ser útiles con esta situación de “escola na casa” (que se pode ademais prolongar no futuro), así que queremos darlles unha nova vida. Con esta actividade queremos:

O xeito de traballo é facer encontros periódicos en liña (normalmente xoves de 22:30 a 23:30) onde compartimos algún consello ou procedemento que nos pode axudar a recuperar algúns destes aparatos que temos por casa, para logo que cada quen na súa casa poida argallar. Nun grupo de telegram ou vía email se pode plantexar calquera dúbida para ir solucionando, ou se non esperar ao seguinte encontro en liña. Esperamos a medio prazo poder facer tamén encontros presenciais en distintos lugares onde sexa necesario.

Aquí se pode ver un video dos que se comparten nas quedadas en liña, neste caso sobre como crear un pendrive cun sistema operativo Lubuntu (de sofware libre e moi lixeiro) que permita facer funcionar unha computadora vella (e mesmo aínda que non teña disco duro!).