| MÁIS DESTACADOS |
+ Día límite de inscripción para o curso en Santiago de Compostela: venres 9 de abril.
Prazas limitadas.
+ Os membros de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia poden obter ata un 50% de apoio económico na matrícula se acreditan a súa condición durante o proceso de matriculación.
|
|
V Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF-Galicia) organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a quinta edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.
A través del, Enxeñería Sen Fronteiras persegue mostrar as/aos alumnas/os unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións. Exporase ademais a importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería a servicio do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.
O curso ten unha duración de 60 horas e desenvolverase durante mes de abril (9-10-11 e 23-24-25) no campus sur de Santiago de Compostela. O curso está dirixido a toda a poboación universitaria e, en xeral, a todos aquelas persoas que están interesadas na cooperación ao desenvolvemento.
O prazo para matricularse no Campus de Santiago estará aberto ata o venres 9 de abril do presente ano 2010.
|