Este navegador no soporta lenguajes de script, actualicelo o descargue alguna herramienta que le permita interpretar el código. Gracias.

espacio en blanco
Logotipo de Ingeniería Sin Fronteras

espacio en blanco
  Inicio | NOTICIAS |

NOTICIAS
+ Listado de noticias

27.10.2011 | ESF denuncia o ataque nos campamentos de refuxiados saharauis e se solidariza coas persoas cooperantes secuestradas

Confiamos en que as persoas retidas poidan ser liberadas de forma rápida e segura, canto antes, do mesmo xeito que as cooperantes de Médicos Sen Fronteiras, secuestradas en Dabaad. Pedimos precaución e prudencia.

Ante o secuestro dos tres cooperantes en Rabuni, sé administrativa dos campamentos de refuxiados saharauis (Tindouf, Argelia), ocorrido o pasado 22 de outubro, Enxeñería Sen Fronteiras denuncia e mostra a súa condena ao ataque. 

ISF se solidariza coas tres acodes cooperantes secuestradas, as súas familias e amigos/as, e os compañeiros e compañeiras das organizacións Mundubat, a Asociación Extremeña de Amigos do Pobo Saharaui e CCISPP.

Confiamos en que as persoas retidas poidan ser liberadas de forma rápida e segura, canto antes,
ao igual  que as cooperantes de Médicos Sen Fronteiras, secuestradas en Dabaad. Tamén solicitamos aos medios de comunicación que actúen coa máxima responsabilidade e prudencia para garantir a seguridade das persoas retidas. 

Nestes momentos,
non queremos que caia no esquecemento o labor que as persoas secuestradas e o resto de cooperantes realizan nos campamentos de refuxiados Saharauis. O seu traballo ten base na esperanza de que o conflito do Sahara Occidental teña unha solución próxima no tempo, para que a súa presenza alí deixe de ter sentido e os máis de 35 anos nos que a poboación saharaui viviu como refuxiada no medio do deserto cheguen ao seu fin.

Tamén
queremos destacar a boa acollida que o pobo saharaui sempre tivo cara aos/ás cooperantes de todas as ONGD que desenvolven o seu traballo nos campamentos, así como a colaboración e protección desenvolvida pola Autoridade Saharaui para facilitar os traballos de cooperación internacional co pobo saharaui.

Desde ESF levamos anos traballando en diferentes proxectos nos campamentos de refuxiados saharauis. Á súa vez, realizamos accións de sensibilización e incidencia no noso territorio para dar a coñecer a situación entre a sociedade e, sobre todo, estamos e seguiremos estando, comprometidos coa procura dunha solución para este conflito.

Ademais, facémonos eco do chamamento á precaución e prudencia que se está a facer nos campamentos para non entorpecer o labor dos gobernos saharaui e español.

Desde ESF unímonos ao comunicado da Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento-España.





> Pechado o prazo de presentación de candidaturas a praza de técnico/a en xestión de proxectos de planificación de recursos hídricos e desenvolvemento rural en Honduras.
> Foro Internacional da Auga
> VII Edición del curso Cooperación y Tecnología para el Desarrollo Humano
> Constituida la Coordinadora de ONGD españolas en Honduras
> Enxeñería Sen Fronteiras fai as súas propostas aos candidatos a reitor da Universidade de A Coruña
ESF denuncia o ataque nos campamentos de refuxiados saharauis e se solidariza coas persoas cooperantes secuestradas
> Pechado o proceso de selección de persoa expatriada
> Mes da sustentabilidade
 
Mostrando 1 a 8  [ Total de noticias: 17 ]