Este navegador no soporta lenguajes de script, actualicelo o descargue alguna herramienta que le permita interpretar el código. Gracias.

espacio en blanco
Logotipo de Ingeniería Sin Fronteras

{novas}  {axenda}  {prensa}  {usuarios}
espacio en blanco
  Inicio | NOVAS |

NOVAS
+ Listado de novas

04.02.2013 | ESF Galicia convoca prazas de PCR (Programa de Coñecemento da Realidade) - 2012

A ONG para o desenvolvemento Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) abre o prazo de convocatoria de 3 prazas para o Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2012.

Co obxectivo de vivir en primeira persoa a realidade dos países empobrecidos e potenciar o proceso de aprendizaxe de persoas voluntarias, ESF organiza o Programa de Coñecemento de Realidade. Trátase de facilitar a pequenos grupos de voluntarios e voluntarias a participación no día a día da asociación e a súa formación. Inclúese unha estancia de curta duración (mínimo dous meses) en países do Sur, cunha compoñente técnica e aplicada, que permitirá coñecer e compartir as condicións de vida das comunidades coas que ESF e as súas copartes (socios locais) colaboran.

Concretamente, os voluntarios que participen neste programa realizarán unha estancia en Honduras durante un período de tempo o suficientemente longo como para coñecer a realidade do lugar (mínimo 2 meses), cunha formación previa e un compromiso de difusión do aprendido á súa volta. O voluntario colaborará co seu traballo nunha serie de actividades definidas previamente por ESF Galicia.

As persoas interesadas deben enviar ao enderezo de correo info@galicia.isf.es os seguintes documentos:


  • Un breve CV cos datos máis relevantes para a praza (en formato PDF).

  • Unha carta de motivación (tamén en formato PDF).

Deberanse enviar tantos correos electrónicos como prazas diferentes ás que se queira optar, indicando no asunto o nome da praza correspondente, a saber: PCR – Auga, PCR – Desenvolvemento Rural.

As solicitudes que non inclúan ambos documentos non entrarán no proceso de selección.

A data límite para a presentación de solicitudes é o 14 de maio do 2012.


Máis información información na descripción das prazas ou contactando con:

  • Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

Campus de Elviña, s/n.

15.071 – A Coruña.

981 16 70 00 Ext.: 1479

info@galicia.isf.es

http://www.galicia.isf.es





> Pechado o prazo de presentación de candidaturas a praza de técnico/a en xestión de proxectos de planificación de recursos hídricos e desenvolvemento rural en Honduras.
> Foro Internacional da Auga
> VII Edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano
> Constituída a Coordinadora de ONGD españolas en Honduras
> Enxeñería Sen Fronteiras fai as súas propostas aos candidatos a reitor da Universidade de A Coruña
> ESF denuncia o ataque nos campamentos de refuxiados saharauis e se solidariza coas persoas cooperantes secuestradas
> Pechado o proceso de selección de persoa expatriada
> Mes da sustentabilidade
 
Mostrando 1 a 8  [ Total de noticias: 17 ]