Este navegador no soporta lenguajes de script, actualicelo o descargue alguna herramienta que le permita interpretar el código. Gracias.

espacio en blanco
Logotipo de Ingeniería Sin Fronteras

{novas}  {axenda}  {prensa}  {usuarios}
espacio en blanco
  Inicio | NOVAS |

NOVAS
+ Listado de novas

18.03.2012 | Foro Internacional da Auga

As cidades de Coruña, Santiago e Vigo serán os escenarios dunha semana de debate e reflexión sobre o dereito á auga entre o 20 e o 24 de Marzo.

FORO INTERNACIONAL DA AUGA
 
Galicia acolle un encontro Norte-Sur que reunirá a máis dunha ducia de organizacións de todo o mundo
 
As cidades de Coruña, Santiago e Vigo serán os escenarios dunha semana de debate e reflexión sobre o dereito á auga
 
 
QUE? Foro Internacional da Auga (FIA) xurde coa vontade de ser un espazo de encontro Norte - Sur no que se debata e reflexione sobre as distintas vertentes que engloban ao dereito humano á auga. Descarga o programa.
 
 
QUEN? Enxeñería sen Fronteiras é a ONGD encargada de organizar este evento, pero sen dúbida o protagonismo recae nas entidades que nos acompañan neste Foro, aportando os seus discursos, reflexións e boas prácticas. Neste encontro Norte Sur contaremos coa presenza de catro organizacións de América Central e máis de dez entidades de Galicia e do resto do Estado que traballan directamente co tema da xestión do recurso hídrico.
 
 
COMO? Ao concibirse como espazo de debate e reflexión colectiva o FIA organízase en sesións temáticas de carácter expositivo e participativo nas que se abordarán aspectos como o conflito da auga en Galicia, modelos de xestión, xénero e auga ou a privatización deste recurso en Centroamérica.
 
 
ONDE E CANDO?
 
Días 20 e 21: A Coruña. Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Campus de Elviña.
 
Días 22 e 23: Santiago de Compostela. Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería. Campus Vida da USC.
 
Día 24: Vigo. Salón de Actos da Galería de Sargadelos. Rúa Urzaiz, 17.
 
POR QUE?
 
  • Porque o acceso á auga é un dereito básico e universal segundo a Observación Xeral número 15 do Consello Económico e Social das Nacións Unidas.
 
  • Porque a Organización Mundial do Comercio non declarou a auga coma un dereito fundamental, senón coma un ben privado.
 
  • Porque hoxe en día 1100 millóns de persoas non teñen acceso a auga potable e 2600 millóns non dispoñen de saneamento sustentable.
 
  • Porque a auga é un ben común que non pode estar ao servizo dos intereses económicos das empresas, senón que debe estar ao servizo de todos e de todas.
 
  • Pero, sobre todo, celebramos o Foro Internacional da Auga porque hai alternativas, porque hai colectivos que están a impulsar iniciativas exitosas que permiten entender a auga como un dereito humano.
 
 
 
A AUGA É NOSA: UN DEREITO, NON UNHA MERCANCÍA




> Pechado o prazo de presentación de candidaturas a praza de técnico/a en xestión de proxectos de planificación de recursos hídricos e desenvolvemento rural en Honduras.
Foro Internacional da Auga
> VII Edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano
> Constituída a Coordinadora de ONGD españolas en Honduras
> Enxeñería Sen Fronteiras fai as súas propostas aos candidatos a reitor da Universidade de A Coruña
> ESF denuncia o ataque nos campamentos de refuxiados saharauis e se solidariza coas persoas cooperantes secuestradas
> Pechado o proceso de selección de persoa expatriada
> Mes da sustentabilidade
 
Mostrando 1 a 8  [ Total de noticias: 17 ]