Este navegador no soporta lenguajes de script, actualicelo o descargue alguna herramienta que le permita interpretar el código. Gracias.

blank
Logotipo de Ingeniería Sin Fronteras
{novas}  {axenda}  {prensa}  {usuarios}
blank
  Inicio | ACTIVIDADE | Programas de cooperación | Desenvolvemento rural e xestión territorial: Boas prácticas agrosilvopastorais con en...

ACTIVIDADE
+ Programas de cooperación

Boas prácticas agrosilvopastorais con enfoque de cunca hidrográfica.

Data inicio 01.08.2008 | Data fin 30.06.2010

País Nicaragua
ESF responsábel ISF Galicia
Contraparte Fundación para la Investigación y el Desarrollo Rural
Orzamento 290.000€

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia empezou a traballar no departamento de Jinotega en 2007 a través dun proxecto de “Apoio a produtores para a realización de boas prácticas agrosilvopastorais e redución de áreas degradadas en 4 comunidades da parte alta da subcunca do Río Viejo (Jinotega, Nicaragua)”, coa Asociación de Educación e Comunicación La Cuculmeca. No marco do plan de ordenación territorial da subcunca do Río Viejo, no que ESF-Galicia participara dando apoio técnico a ESF ApD, o proxecto plantexaba a implementación de boas prácticas agrosilvopastorais, e rematou en decembro do 2008.

Derivado da estancia de voluntarios de ESF-Galicia no terreo durante 2007, fixéronse contactos coa Fundación para a Investigación e Desenvolvemento Rural (en adiante FIDER), sobre a posibilidade de empezar a traballar nun proxecto de accións similares na vecina microcunca do Río Sasle. Estas actuacións básanse tamén nos resultados do plan de Manexo e Ordenamento Territorial da microcunca do Río Sasle no que participou Catholic Relief Service Nicaragua e a Universidade Nacional Agraria a través da Facultade de Recursos Naturais e do Ambiente. Ese traballo comenzou en agosto do 2008.

As actuacións a executar neste proxecto englóbanse nas cinco liñas seguintes:
  1. Fortalecer as capacidades de FIDER, do Comité de Cunca do Río Sasle e dos comités de desenvolvemento comunal de Sasle e Los Horcones: mercarase unha moto nova e capacitaranse o persoal técnico de FIDER nas temáticas de ofimática, formulación de proxectos e rego e drenaxe ao mesmo tempo que se prantexa a convocatoria de reunións para reactivar as institucións con capacidade de incidencia a nivel ambiental na zona de actuación.
  2. Reducir a sobreexplotación do solo: con esta finalidade implementarase a primeira anualidade do plan de manexo de fincas, interpretaranse as análisis de solos e realizaranse capacitacións e xiras de intercambio sobre boas prácticas agrosilvopastorais que axuden á conservación dos solos, da auga e dos recursos agroforestais Tamén se continuará co seguimento do manexo das árbores froiteiras.
  3. Diminuír o impacto provocado pola extracción de leña dos habitantes da microcunca: a este respecto continuarase co seguimento do manexo das cociñas melloradas construídas e das árbores enerxéticas prantadas na Fase I do proxecto.
  4. Aumentar a conciencia e a formación da poboación de Sasle e Los Horcones no uso sostible dos recursos e en lexislación ambiental: contempla a divulgación de cuñas radiais, a colocación de rótulos nas comunidades e a elaboración de afiches e calendarios, así como capacitacións nas temáticas de conservación do solo e da auga e de lexislación ambiental.
  5. Sensibilizar as familias beneficiarias e o persoal de FIDER sobre a existencia da fenda de xénero e a necesidade da súa reducción progresiva: inclúe a capacitación do persoal de FIDER, a sensibilización da poboación beneficiaria e a transversalización da temática de equidade de xénero no desenvolvemento do proxecto.
Ademais, durante todo o proxecto, o persoal técnico de FIDER realizará as tarefas de seguimento e asesoramento da poboación beneficiaria en relación coa implementación dos plans de manexo de fincas (viveiros e manexo do café; plantación ou sementeira e cultivo do pasto de corte, malanga, Vetiver, canabalia, etc.; manexo de porcas reproductores e verracos; manexo e almacenamento das colleitas nos silos).

Mentres, a zona do Río Viejo na que ESF-Galicia está actuando co proxecto de boas prácticas agrosilvopastorais xa quedara enmarcada na zona prioritaria de traballo dun programa de actuación (programa AECID-TERRENA) sobre “Reducción de la vulnerabilidad en áreas empobrecidas, a través del acceso al agua potable, el saneamiento y la gestión sostenible de los recursos hídricos y del territorio con enfoque de cuenca hidrográfica. El Salvador, Honduras y Nicaragua.” no que traballan Ingeniería Sin Fronteras – Asociación para el Desarrollo en Nicaragua, Ingenieria Sin Fronteras-Cataluña en El Salvador, y Enxeñería Sen Fronteiras Galicia en Honduras, en convenio coa Agencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento. Este programa inclúe a execución de boas prácticas agrosilvopastorais na zona alta da cunca do Río Viejo, pero non recolle este tipo de medidas para a microcunca do Río Sasle (aínda que para esta zona si recolle outras medias como fortalecemento instucional). Por ese motivo decidiuse empezar a traballar na zona con FIDER. O existir xa un plan de ordenamento territorial na zona facilitou a toma de decisión.

O financiador do proxecto é a Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.